Na nosa cidade temos a sorte de contar cun Monumento ao Libro e aos seus creadores. Foi creado en 1976 por Manuel García, "Buciños", encargado polos libreiros, al artista los libreros, que celebraban o seu quinto congreso nacional na Coruña, e foi o primeiro no mundo, segundo a consulta que se lle fixo á Unesco.
Está nos Xardíns de Mendez Nuñez, fronte ao edificio de La Terraza e representa unha familia (home, muller e neno) gozando coa lectura.
As tres figuras son de bronce e forman unha mesma peza que se apoia sobre un pedestal de granito. A sinatura do autor aparece gravada no libro que suxeita o home: "Buciños, xuño 1976".
Neste MES DOS LIBROS, Olliños quere propoñervos dous retos:
1. Busquemos monumentos adicados ao libro e a lectura e fagamos un album
PINCHADE AQUI
2. Recreade a obra facendo unha foto da vosa familia lendo e enviadea a biblioanxo@gmail.com para facer a nosa galería
No hay comentarios:
Publicar un comentario