viernes, 20 de diciembre de 2019

domingo, 15 de diciembre de 2019

VOLTAN OS CONTOS DE NADAL

As voluntarias de BiblioAnxo están a visitar as aulas de Infantil na hora de ler, achegandolles aos pequerrech@s historias de Nadal .



AS VOLUNTARIAS DE PAPA NOEL

 As voluntarias de BiblioAnxo despois de envolver unha morea de libros procedentes do expurgo, están ideando unha arbore ....





lunes, 2 de diciembre de 2019

DECEMBRO DE CONTO 1: PRIMERO DE DICIEMBRE

Comezamos este mes e a conta atrás para o Nadal, con un calendario de adviento moi especial.
Despois de descubrir o libro ADVIENTO DE CUENTO, queremos adaptar algunha das suas historias para que todos aqueles que non o poden ler, poidan disfrutar das suas historias



Por iso, cada día de escola imos subir un dos contos contados polo noso alumnado, e os encargados de comezar esta tarefa son os maiores de Infantil, 5 anos, que nos introducen nesta conta atras:

martes, 29 de octubre de 2019

EXPOSICIÓN HISTORIAS DE MEDO

As pantasmas acheganse ao corredor a disfrutar das Historias de medo que comparten as terroríficas cabazas do alumnado de 5 anos...UUUUUUU




HISTORIAS DE MEDO .......

Aquí vos deixamos unha seleccion de lecturas para valentes, para pasar medo nestes dias de descanso .....



DISFRUTADE DELAS!!!

jueves, 24 de octubre de 2019

BIBLIOANXO É .... Día das Bibliotecas

Este é o "grafitti reciclado" co que inaguramos BIBLIOANXO no curso 2019/2020.
Cada un de nos  foi  deixando as impresións, desexos, o que nos recorda, e o que é para nos a biblioteca.


Para poder disfrutar dela, esperabannos un par de agasallos:




As mochilas viaxeiras, que percorreran as nosas casas, e una caixiña chea de.....CARNETS!!
FELICES LECTURAS!!!
 

jueves, 16 de mayo de 2019

jueves, 25 de abril de 2019

Mes do libro en BiblioAnxo

Comezamos este mes de abril celebrando o Día Internacional do Libro Infantil coa lectura da mensaxe escrita e ilustrada polo lituano Kęstutis Kasparavičius, a partir da que elaboramos uns carteis nos que expresamos porque os libros son importantes e nos inspiran pausas, que colocamos nas escaleiras










E elaboramos un mural con representacións dos libros que nos fan acougar, e nos inspiran pausa



E o alumnado voluntario traballou arreo para ter listos os agasallos neste 23 de abril:
   







martes, 23 de abril de 2019

Os voluntarios de BiblioAnxo

Non queremos pechar o Día do Libro sen agradecer a labor importantisima do alumnado voluntario, que semana a semana comparte o seu tempo de lecer para que a biblioteca funcione, e todos poidamos disfrutar dos seus fondos. Aquí unha pequena mostra do seu traballo: 

  


                     

Día do libro: Apadriñamento lector

Hoxe o tempo non nos permitiu compartir lecturas na Praza da Concordia como tiñamos previsto, pero non impediu que "padriños" e "afillados" disfrutasemos destes momentos de "lecer lector" en diferentes espazos do noso centro.


domingo, 14 de abril de 2019

Mes das Artes Galegas: Luis Seoane

Este é un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo para conmemorar o Día das Artes Galegas, 1 de Abril, adicado a Luís Seoane




E como non, seguimos a traballar co Almanaque do 2019, adicado a Antonio Fraguas e Luis Seoane, que podedes ver pinchando AQUI.

jueves, 21 de marzo de 2019

Día da Poesía no Centro de Día de Eiris

Hoxe, Día da Poesía, o alumnado voluntario da biblioteca visitou o Centro de Día de Eirís onde compartiron lecturas de poemas escritos por alumnado do colexio coas persoas alí presentes. O recital foi todo un éxito!!





Día da poesia no centro de dia de Eiris from BiblioAnxo on Vimeo.

ALEGRA O TEU DÍA.....LENDO POESÍA

Hoxe celebramos o Día da Poesía, no que podemos disfrutar desta selección de libros que viaxan na maleta da Asesoría de Bibliotecas

 E Olliños deixounos un agasallo moi especial:


unha caixiña chea de poemas, escritos polos nosos compañeiros voluntarios da biblioteca e alumnado de 4º curso, que tamén deixamos aqui para que os disfrutedes:

miércoles, 20 de marzo de 2019

Anxela Loureiro visita BiblioAnxo

Anxela Loureiro, a autora de "Choiva de ras" visitou a biblioteca do cole, onde a recibiu o alumnado de 3º e 4º de Primaria, con quen compartiu historias e tamén cancións.
Graciñas Ángela!



viernes, 8 de marzo de 2019

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Estes son os murais que elaboraron os nenos e nenas do Ceip Plurilingüe Anxo da Garda con gallo da celebración do Dia Internacional da Muller

viernes, 1 de marzo de 2019

Contacontos en Carricanta

@s voluntarios de BiblioAnxo visitaron a Escola Infantil Carricanta, para escenificarlles aos máis pequenos varios contos, preparados por eles. 

Entroido tradicional

Achegamonos a unha das personaxes do Entroido tradicional galego, os BOTEIROS, da man das voluntarias da Biblioteca, que nos trasmitiron o aprendido dun Boteiro de verdade, que nos prestou e explicou o traxe.




GRACIÑAS  ROI!!

domingo, 24 de febrero de 2019

IAGO LOPEZ E O COCIÑEIRO MARTIÑO VISITAN BIBLIOANXO


IAGO LOPEZ E O COCIÑEIRO MARTIÑO from BiblioAnxo on Vimeo.

ANXOBOOKTUBERS

O alumnado de 5º de Primaria e o seu titor crearon un blog no que dialogan e fan recomendacións de libros que len e lles gustan, aqui vos deixamos o enlace (pinchade na imaxe), seguro que vos resulta de interese. 



NORABOA POR ESTA FERMOSA INICIATIVA!!

lunes, 18 de febrero de 2019

Contamos aos pequenos

Os nenos e nenas de E. Infantil puideron disfrutar dunha sesión de contos escenificados, preparados polo alumnado voluntario da biblioteca.

martes, 29 de enero de 2019

IMAXINA

Para conmemorar o Dia da Paz e Non Violencia, o EDLG e o Equipo de Biblioteca versionan en galego a famosa canción Imagine de John Lennon, e o conto ilustrado
baseado nesa canción.
Esperamos que vos guste!!



lunes, 21 de enero de 2019

VISITA DENDE A FABRICA DOS CONTOS

Os nenos e nenas de Educacion Infantil recibiron a visita de Sara e Álex, que traballan na Fabrica dos Contos de Kalandraka e trouxeron a BiblioAnxo unhas maletas cheas de música e contos.