jueves, 31 de diciembre de 2020

BO CAMIÑO 2021

 Chega o fin deste ano tan raro, e co noso desexo de que o vindeiro será moito mellor, queremos agasallarvos co Almanaque "OS NOSOS CAMIÑOS", elaborado coas ilustracións do alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria. Esperamos vos guste!!

Pinchade na imaxe para velo todo


martes, 22 de diciembre de 2020

BO NADAL !!

Queremos cerrar este 2020 desexandovos Felices Festas, Bo Nadal e un ventureiro 2021, coa postal gañadora do noso Concurso de Postais de Nadal 2020



A ilustración foi realizada por Juan Devesa Dourado de 3ºA de Educacion Primaria.
NORABOA!!


lunes, 21 de diciembre de 2020

LECTURAS PARA UN NADAL MOI ESPECIAL

 Para pasar estes días de descanso, para pedir aos Reis, Papa Noel e Apalpador, para agasallar... pinchade na imaxe para acceder á nosa recomendacion de lecturas







Pasapalabra Galego

A clase de 6º A tamén elaborou un pasapalabra, que comparte con nos. Graciñas!!

 

Pasagalego 6º A from EDLG ANXODAGARDA on Vimeo.

Respostas Pasagalego from EDLG ANXODAGARDA on Vimeo.

Pasapalabra do Nadal

Animadevos a xogar co Pasapalabra elaborado pola profe Eva. Graciñas por compartir

CURTAS PARA COMEZAR A SEMANA E O NADAL: NON VAS PODER CON NOS

Nesta ultima curta deste ano 2020 non é o noso proposito facer publicidade a unha cadea de supermercados, pero facemos noso o desexo de afastar as malas vibracions deste ano que remata e animar a seguir resistindo con moito sentidiño. Bo NADAL E FELIZ 2021

 

domingo, 20 de diciembre de 2020

E o apalpador??

No Nadal galego existe unha figura que agasalla aos nenos e nenas nestas festas. Para saber mais del pincha na imaxe para visitar a web na que a Irmandade dos Apalpabarrigas, pon á nosa disposición unha chea de recursos para afondar nesta personaxe.
 


E pincha nesta imaxe se queres ler as suas historias:



jueves, 10 de diciembre de 2020

Guía Ilustrada dos Dereitos Humanos, en GALEGO

Para conmemorar o 10 de decembro, o  alumnado de 5º e 6º narrou os artigos da Declaracion Universal dos Dereitos Humanos, en galego, achegandoos así, non só aos galego-falantes, senon tamén a aqueles que non os poden ler


10 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Cada 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos , día en que, en 1948, a Asamblea Xeral das Nacions Unidas adoptou a  Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH). Esta Declaración é un documento histórico que proclama  os dereitos inalienables que corresponden a toda persoa como ser humano, independientemente da sua raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinión política ou doutra índole, orixe  nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. Está dispoñible en máis de 500 lenguas e é o documento que máis se traduciu en todo o mundo.

 Locución do vídeo sobre dereitos humanos de Rightsinfo.org feita polos alumnos de 4º do Colexio Público San Fernando de Elche.  

Version ilustrada en galego

Para saber mais