lunes, 30 de enero de 2012

Benvida





Ola:
Hoxe arranca este biblioanxo, para mantervos informados do que acontece na biblioteca.Estas fotos son das lecturas  de Nadal, que tanto éxito tiveran.Lembradelas?

A Casa encantada


A CASA ENCANTADA (Oposicións a bruxa)
Era a hora de cear. A nai de Dani fíxolle sopa de letras.
Na primeira cullerada que Dani levou á boca apareceron catro letras frotando que facían a palabra HOLA. Que sorpresa!

Cando ía comer a segunda cullerada descubriu con abraio que as letras dicían: “Para quen o lea”.

Coa boca aberta, Dani mirou ao prato. Todas as letras empezaron a nadar dun lado a outro.  Pelexaban para coller os mellores sitios. Moitas delas fuxiron a nado cara os bordes do prato. Despois ficaron todas quedas. E no centro do círculo de sopa quedou escrita unha advertencia: “Ollo! Non me comas, senón heime dedicar a escribir palabrotas dentro da túa barriga”.

Dani, moi alarmado, foi ao cuarto de baño, verteu o prato de sopa no váter e tirou da cadea.

Cando voltou á mesa, súa nai trouxolle un ovo frito con patacas. De súpeto, o ovo realizou un espectacular despegue en vertical, case se estrela contra a lámpada. Logo empezou a dar voltas e voltas.

-Parece un pratiño voante! – exclamou Dani.

Resultaba precioso: a xema parecía a cabina dourada dun ovni; a clara era o disco con bordes de escuma rubia.

 
De repente, sentiu medo, sentiu que unha forza misteriosa rondaba arredor del. A súa primeira intención foi escapar á rúa. Mais, ó cruzar o corredor viu con sorpresa, como o seu paraguas saía do paragúeiro. Caeu no chan e abreu as variñas. A continuación, quitou a bailar á sombrilla de súa nai e comenzaron un vals.

Dani quedou totalmente desconcertado e pensou:

-Padecerei alucinacións? Estarei a soñar? Ou serán consecuencias da gripe que acabo de pasar? Estou vendo visións. Necesito unha ducha para despexarme.

Meteuse na ducha, pero os chorros de auga empezaron saír en tódalas direccións menos na súa.
-Estoume volvendo tolo! – dixo Dani.

Cando xa se daba por vencido, unha esponxa enchoupada lanzouse sobre o seu peito, frotándollo con forza. O xabrón apresurouse a enxabronarlle os sobacos. A manopla lavoulle a cara. O peite restreloulle o pelo. E as toallas abalanzáronse a secalo. Ó parecer empeñábanse todos en asealo.

De repente, deulles por xogar. A manopla plantoulle un par de labazadas. O peite fíxolle cóxegas nos sobacos. O rolo de papel empezouse a  desenrolar como unha serpe e foise enroscando arredor do corpo de Dani, mesmo parecía unha momia exipcia. E as toallas disfrazárono de indio. Entón oiuse un asubio. Todos volveron aos seus postos.
Saiu do cuarto de baño e oiu un taconeo nun recuncho. Correu ao seu dormitorio, pero a porta estaba pechada. Dentro soaba unha música pegadiza. Cando conseguiu entrar viu como a súa cama voltaba ao seu sitio; a luz e a radio estaban encendidas. A parede estaba chea de pósters dos seus cantantes favoritos, e baixo deles estaban os seus zapatos, as botas de chuvia e as zapatillas deportivas. E eran os zapatos novos os que taconeaban ao ritmo da música. Tamén as sabas xe puxeron a danzar coma pantasmas. As tesoiras xiraban sobre a punta do pé. E a papeleira púxose boca abaixo a tocar o tambor con dous rotuladores.
Dani estaba completamente asombrado.
-Isto parece cousa de bruxas! A casa enteira está encantada, coma nos contos! – exclamou.
Rañou a cabeza e preguntouse:
-Que máis cousas poderán suceder? Porase a bailar a casa enteira? Sairanme a min unhas ás de morcego?
E, cando máis libremente deixou voar a imaxinación, ocorreu o único que xamais podería imaxinar.
-Toc, toc, toc – chamaban na fiestra.
-Queee? Que cousa máis incrible! Pero se estamos nun sétimo andar! Non pode ser, non pode ser. Estoume virando tolo.
Pero unha vez máis, volveron petar na fiestra. Achegouse a ela e abriuna.
Unha nena montada nunha vasoira entrou pola fiestra

                                                                         ANDREA CASTAÑEDA - 3º