sábado, 30 de abril de 2022

EN QUÉ LIBRO VIVO??? AS SOLUCIÓNS

Chegamos ao final do Mes do Libro, e con el rematamos o reto. Velaquí están as solucións:



Os afortunados xa poden disfrutar do seu premio!

Un marcapáxinas cortesía da Asesoría de Bibliotecas Escolares, e unha pegatina deseñada para a ocasión.




 



 

miércoles, 20 de abril de 2022

Marcapáxinas Día do libro

Dende hoxe podedes acudir á Biblioteca Municipal do Castrillón a disfrutar dos seus fondos, e levar de agasallo un dos marcapáxinas que elaborou o alumnado escollendo fragmentos do texto de  Richard Van Camp co gallo da celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil 2022. Escaneando o QR podedes escoitar todo o texto.



 
Animadevos, estánvos esperando!!!

En que libro vivo?


 

viernes, 1 de abril de 2022

BOOKFACE MES DO LIBRO

O "bookface" convertiuse nun arte, ¿sabedes o que é?  Consiste en realizar unha fotografía na que unha persoa (ou animal, ou cosa,....) "fundese" coa portada dun libro, facendo coincidir a  imaxe real coa imaxe da portada.




ATREVEDESVOS???

Envianos a vosa foto a biblioanxo@gmail.com


AS FAMILIAS CONTAN MOITO 2022


 

2 de Abril: Día do libro infantil e xuvenil

 Como cada ano dende 1967o IBBY (International Board on Books for  Young People) promove a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil, o 2 de abrilpara conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen.

Como símbolo de unión entre os pobos do mundo, cada ano un país membro do IBBY recibe a encomenda de patrocinar a celebración.

Este 2022, o país encargado é Canáda que escolleu Richard Van Camp para escribir a mensaxe e a ilustradora Julie Flett para elaborar o cartel que inspiren en todos os nenos e nenas do mundo o amor pola lectura e os libros.

Este 20
22, o país encargado é Canáda que escolleu Richard Van Camp para escribir a mensaxe e a ilustradora Julie Flett para elaborar o cartel que inspiren en todos os nenos e nenas do mundo o amor pola lectura e os libros.

Os voluntarios de BiblioAnxo leron este texto para compartilo con tod@s: 



1 de abril: Día das Artes Galegas

 Día das Artes Galegas é unha celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes o 31 de xaneiro de 2015. Conmemórase cada 1 de abril, e este ano está adicado a Laxeiro. O EDLG elabororou está infografía para afondedes na sua figura.



EmocionArte : MES DO LIBRO

Na nosa cidade temos a sorte de contar cun Monumento ao Libro e aos seus creadores. Foi creado en 1976 por Manuel García, "Buciños",  encargado polos libreiros, al artista los libreros, que  celebraban o seu quinto congreso nacional na Coruña, e foi o primeiro no mundo, segundo a consulta que se lle fixo á Unesco. 
Está nos Xardíns de Mendez Nuñez, fronte ao edificio de La Terraza e representa unha familia (home, muller e neno) gozando coa lectura.
 As tres figuras son de bronce e forman unha mesma peza que se apoia sobre un pedestal de granito. A sinatura do autor aparece gravada no libro que suxeita o home: "Buciños, xuño 1976".



Neste MES DOS LIBROS, Olliños quere propoñervos dous retos:

1. Busquemos monumentos adicados ao libro e a lectura e fagamos un album

PINCHADE AQUI

2. Recreade a obra facendo unha foto da vosa familia lendo e enviadea a biblioanxo@gmail.com  para facer a nosa galería


 

EmocionArte 11


 

MES DOS LIBROS: ADIVIÑA EN QUE LIBRO VIVO?

Benvidos ao mes de abril, o favorito dos amantes dos libros e a lectura. E como non podía ser doutro xeito, Olliños quere propoñervos un xogo: completar o álbum das personaxes, escribindo na planilla que tedes nas aulas o título do conto no que sae cada persoaxe.




 Cada día lectivo deste mes aparecerá no blogue unha tarxeta cunha imaxe e as coordenadas da casiña onde escribiredes o título do conto.
Os que rematen o álbum terán un agasallo!1
Fixádevos ben!!

AÍ VAI A PRIMEIRA!!