lunes, 22 de mayo de 2023

Visitanos Andrea Maceiras

Hoxe visitounos Andrea Maceirase "viaxou" co alumnado 6º de Primaria á Amazonia, e achegounos á tribo Kayako, na que se inspirou para escribir o libro"A folla azul"

Andrea compartiu co alumnado de 5º de Primaria detalles sobre cómo escribiu a historia de Alma de Elefante, e fixonos viaxar con ela a Tailandia.



Grazas Andrea!!




 

martes, 16 de mayo de 2023

As cousas de Don Paco

 O alumnado de 6º de Primaria representou a obra de teatro "As cousas de Don Paco" escrita por Eva Mejuto e ilustrada por Lucía Cobo. Está protagonizada polos obxectos que acompañaron o noso homenaxeado en distintas etapas da vida.

Pinchando na imaxe  podedes ver o acto primeiro: 






XornalAnxo 10

lunes, 15 de mayo de 2023

Visita de Eva Mejuto

Hoxe visitounos Eva Mejuto e compartimos con ela o seu libro "Cando leo" de Xerais , e aprendemos moitas cousas arredor do libros. 



 
Despois visitou ao alumnado de 6º que representou  a sua obra de teatro "As cousas de Don Paco" ilustrada por Lucía Cobo, e protagonizada polos obxectos que acompañaron o noso homenaxeado nas Letras Galegas  en distintas etapas da vida.

 
Explicounos que Don Paco nunca deixaba o lápis que levaba no peto, de aí o protagonista da obra, cómo escribira a obra, e moitos mais detalles.
 

 
MOITAS GRAZAS EVA!!

 

 

miércoles, 10 de mayo de 2023

Visita de Xurxo Souto

O artista Xurxo Souto compartiu co alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3ª de Primaria, a súa música e historias sobre a nosa cidade.

miércoles, 3 de mayo de 2023

RETO Mes dos Libros

 Chegou o final do mes dos libros e o momento de desvelar os contos que nos contaron os compañeiros de 5ºB.



E tamén o premio para os que completastes o reto.
NORABOA!!