sábado, 30 de enero de 2021

3O de xaneiro: Día da Paz e Día da Ilustración

Para conmemorar estas duas efemérides quixemos convertirnos en ilustradores, e inspirarnos nesta canción para as nosas creacións, esperamos que vos gusten:

Día da Ilustración: Lolita Díaz Valiño

 Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego.


 Este ano a protagonista é 
Lolita Díaz Baliño   pintora e profesora galega, primeira muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes, xunto a Carmen Corredoyra. "... Aqui vos deixamos o video co que a AGPI lle rende homenaxe


E alguna das suas obras:






viernes, 29 de enero de 2021

CAMIÑO DA PAZ

 

Fixemos unha selección de lecturas, poemas e cancións e entregamos ás titorias as “Credenciais do Camiño da Paz”, que debían selar cada vez que facian unha desas lecturas.


  












viernes, 22 de enero de 2021

OLLIÑOS QUERE SABER ..... AXUDEMOSLLE!!

Estase a falar que este é un Ano Xacobeo, e a mascota de BiblioAnxo necesita que lle axudedes a investigar, animadesvos???

lunes, 11 de enero de 2021

CAMIÑANXO: O CAMIÑO EN FAMILIA

 Comeza o segundo trimestre dende a área de Educación Física  imos realizar distintas actividades relacionadas co Camiño de Santiago para así dar visibilidade ao ano Xacobeo no que entramos. 

Iniciamos unha nova actividade en familia que chamaremos “CamiñAnxo”  na que  todas as familias do cole sumemos quilómetros activos (camiñando, correndo, en bici, patinete, patíns…) para completar algúns dos distintos Camiños que existen e descubrir así os seus segredos, ao tempo que promovemos habitos de vida sana e benestar fisico e emocional.



 Para poder contabilizar estes quilómetros haberá que utilizar a APP Strava formando parte dun club privado para garantir que só as familias do Anxo podemos participar na actividade.

No blog EFANXO tedes mais información

Cantas máis familias nos unamos, máis quilómetros poderemos sumar así que animádevos, participade e…

 Bo Camiño!

CURTAS PARA COMEZAR A SEMANA: Lily y el muñeco de nieve