E para pechar este mes da ciencia en galego, aqui vos deixamos un pequeno resume da nosa Feira
miércoles, 30 de noviembre de 2022
viernes, 25 de noviembre de 2022
Carreira Solidaria e contra a Violencia de Xénero
Celebramos a cuarta edición da carreira Quilómetros de Solidariedade promovida pola ONG Save the Children e que este ano pretende recadar fondos para aportar ó Fondo de Emerxencia Internacional usado para axudar a nenos/as e as súas familias es situacións críticas por diversos motivos como poidan ser conflitos bélicos nos seus países de orixe.
Dende a biblioteca quixemos apoiar esta iniciativa traballando co alumnado de 6º de Primaria que "explicou" á comunidade educativa qué estabamos a conmemorar:
Desfrutamos dunha mañá soleada e a celebración da carreira transcurriu sen apenas imprevistos. Ademais, moitas familas estivechedes presentes para animar aos rapaces e rapazas durante as súas quendas de carreira facendo que o ambiente da actividade fose inmellorable.
Quixemos tamén sumarnos á iniciativa "Camiño ao respecto" contra a violencia de xénero e as 12:00 gardamos un minuto de silencio.
Pero a cousa non quedou aí xa que, un ano máis, o compromiso dos patrocinadores foi innegable como así reflexa a cantidade que entre todos recadamos e que xa fixemos chegar a "Save the Children". Por todo isto, pola vosa implicación e colaboración na actividade só podemos dicir "Moitísimas grazas!".
Deixamos a continuación o enlace a unha pequena montaxe con algunhas imaxes da Carreira:
martes, 22 de noviembre de 2022
Día da Música
Achegamonos aos instrumentos e pezas da musica tradicional galega da man dun grupo do noso barrio, IAR, que compartiron con nos este día da Musica
miércoles, 16 de noviembre de 2022
Preparando a Feira das Ciencias
Neste mes estamos a traballar distintos experimentos, e aqui tedes un resume do noso traballo:
martes, 1 de noviembre de 2022
Suscribirse a:
Entradas (Atom)