lunes, 31 de mayo de 2021
viernes, 28 de mayo de 2021
lunes, 24 de mayo de 2021
viernes, 21 de mayo de 2021
jueves, 20 de mayo de 2021
OS NOSOS CAMIÑOS: CAMIÑO PRIMITIVO
O alumnado de Primeiro de Educación Primaria contanos o seu traballo arredor do Camiño Primitivo.
lunes, 17 de mayo de 2021
FEIRA DAS LETRAS 2021
A pasada semana realizáronse no cole diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas adicado este ano á autora Xela Arias. Entre estas actividades organizamos una "feira" na que o alumnado de Infantil e Primaria desfrutou de xogos e bailes populares ademais de participar en xogos de pistas e relevos relacionados coa autora homenaxeada. Durante o mércores, xoves e e venres a rapazada dos distintos cursos foi baixando ao patio cuberto (respectando os "grupos burbulla") para participar nestas 3 zonas de actividades:
- Zona de Xogos Populares: nesta zona poideron reañizar xogos populares que eles elixiron e que previamente coñeceran nas clases de Educación Física: o pano, o brilé, pés quietos...
- Zona de Bailes Populares: nesta zona realizamos coreografías sinxelas cos máis pequenos (Intantil, 1º e 2º de Primaria) como "A Serriña" ou "Don Melitón", mentres que os maiores (3º a 6º de Primaria) anímáronse a bailar a muiñeira que previamente practicaran nas clases de Música e EF.
- Zona de Pistas e Relevos: nesta zona os pequenos de Infantil, 1º e 2º realizaron xogos de relevos nos que tiñan que conseguir pezas de quebracabezas para montar correctamente imaxes relacionadas con Xela Arias e co Camiño de Santiago. Pola súa parte os maiores de 3º a 6º de Primaria, participaron nun xogo de orientación e búsqueda de pistas para poder responder a diversas preguntas relacionadas coa autora protagonista das Letras Galegas este ano.
Se o perdestes podedes intentar adiviñar as pistas:
Deixamos unha pequena montaxe con imaxes e vídeos das distintas actividades realizadas. Esperamos que vos guste!
Como agasallo, o alumnado recibiu un marcapáxinas que decorou ao seu gusto:
viernes, 14 de mayo de 2021
CERTAME LITERARIO EMILIA GARCÍA BARREIRO
jueves, 13 de mayo de 2021
martes, 11 de mayo de 2021
O PASAPALABRA DOS NOSOS CAMIÑOS
Para celebrar as nosas Letras, qué mellor xeito que xogando con elas? Aquí vos deixamos un "pasapalabra" para que tratedes de adiviñar as respostas...
lunes, 10 de mayo de 2021
RECURSOS PARA COÑECER A XELA ARIAS, AUTORA HOMENAXEADA O 17 DE MAIO, DIA DAS LETRAS GALEGAS
Aqui vos deixamos unha chea de recursos elaborados por compañeir@s doutras escolas para aprender xogando e coñecer máis de preto a Xela Arias:
RECURSOS CEIP XESUS SAN LUIS ROMERO
BIOGRAFIA EN PICTOGRAMAS de ANXOPICTOGRAMAS
ALBUM DE MULLERES - XELA ARIAS
Mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2021
Genially elaborado polo Ceip A Rabadeira de Oleiros:
Genially elaborado por Burbullas de PT
XOGOS
BRINCALETRAS - CEIP CAMPOLONGO
RULETA ALFABÉTICA de Carlos Medrano
XOGO DE FUGA OS SEGREDOS DE XELA
XOGO DE FUGA DESCUBRINDO A XELA
PASAPALABRA DE XELA ARIAS DO CEIP Xesus San Luis Romero
viernes, 7 de mayo de 2021
Novo número do XornalAnxo 2
O alumnado de 4º de Educación Primaria ven de rematar a segunda edición do seu xornal.
Disfrutadeo!