Páginas

jueves, 20 de mayo de 2021

OS NOSOS CAMIÑOS: CAMIÑO PRIMITIVO

 O alumnado de Primeiro de Educación Primaria contanos o seu traballo arredor do Camiño Primitivo.

lunes, 17 de mayo de 2021

FEIRA DAS LETRAS 2021

  A pasada semana realizáronse no cole diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas adicado este ano á autora Xela Arias. Entre estas actividades organizamos una "feira" na que o alumnado de Infantil e Primaria desfrutou de xogos e bailes populares ademais de participar en xogos de pistas e relevos relacionados coa autora homenaxeada. Durante o mércores, xoves e e venres a rapazada dos distintos cursos foi baixando ao patio cuberto (respectando os "grupos burbulla") para participar nestas 3 zonas de actividades: 

Zona de Xogos Populares: nesta zona poideron reañizar xogos populares que eles elixiron e que previamente coñeceran nas clases de Educación Física: o pano, o brilé, pés quietos...  

Zona de Bailes Populares: nesta zona realizamos coreografías sinxelas cos máis pequenos (Intantil, 1º e 2º de Primaria) como "A Serriña" ou "Don Melitón", mentres que os maiores (3º a 6º de Primaria) anímáronse a bailar a muiñeira que previamente practicaran nas clases de Música e EF.

Zona de Pistas e Relevos: nesta zona os pequenos de Infantil, 1º e 2º realizaron xogos de relevos nos que tiñan que conseguir pezas de quebracabezas para montar correctamente imaxes relacionadas con Xela Arias e co Camiño de Santiago. Pola súa parte os maiores de 3º a 6º de Primaria, participaron nun xogo de orientación e búsqueda de pistas para poder responder a diversas preguntas relacionadas coa autora protagonista das Letras Galegas este ano. 

Se o perdestes podedes intentar adiviñar as pistas:

Deixamos unha pequena montaxe con imaxes e vídeos das distintas actividades realizadas. Esperamos que vos guste!



Como agasallo, o alumnado recibiu un marcapáxinas que decorou ao seu gusto:




viernes, 14 de mayo de 2021

CERTAME LITERARIO EMILIA GARCÍA BARREIRO

Como punto final á Semana das Letras, entregaronse os premios do Certame Literario Emilia Garcia Barreiro


jueves, 13 de mayo de 2021

Xela Arias: biografía e obra

O alumnado de 6º dePrimaria achégannos á vida e a obra de Xela Arias

 




martes, 11 de mayo de 2021

O PASAPALABRA DOS NOSOS CAMIÑOS

 Para celebrar as nosas Letras, qué mellor xeito que xogando con elas? Aquí vos deixamos un "pasapalabra" para que tratedes de adiviñar as respostas...



SORTE E.....BO CAMIÑO!!

viernes, 7 de mayo de 2021

Novo número do XornalAnxo 2

 O alumnado de 4º de Educación Primaria ven de rematar a segunda edición do seu xornal.

Disfrutadeo!