Páginas

lunes, 17 de mayo de 2021

FEIRA DAS LETRAS 2021

  A pasada semana realizáronse no cole diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas adicado este ano á autora Xela Arias. Entre estas actividades organizamos una "feira" na que o alumnado de Infantil e Primaria desfrutou de xogos e bailes populares ademais de participar en xogos de pistas e relevos relacionados coa autora homenaxeada. Durante o mércores, xoves e e venres a rapazada dos distintos cursos foi baixando ao patio cuberto (respectando os "grupos burbulla") para participar nestas 3 zonas de actividades: 

Zona de Xogos Populares: nesta zona poideron reañizar xogos populares que eles elixiron e que previamente coñeceran nas clases de Educación Física: o pano, o brilé, pés quietos...  

Zona de Bailes Populares: nesta zona realizamos coreografías sinxelas cos máis pequenos (Intantil, 1º e 2º de Primaria) como "A Serriña" ou "Don Melitón", mentres que os maiores (3º a 6º de Primaria) anímáronse a bailar a muiñeira que previamente practicaran nas clases de Música e EF.

Zona de Pistas e Relevos: nesta zona os pequenos de Infantil, 1º e 2º realizaron xogos de relevos nos que tiñan que conseguir pezas de quebracabezas para montar correctamente imaxes relacionadas con Xela Arias e co Camiño de Santiago. Pola súa parte os maiores de 3º a 6º de Primaria, participaron nun xogo de orientación e búsqueda de pistas para poder responder a diversas preguntas relacionadas coa autora protagonista das Letras Galegas este ano. 

Se o perdestes podedes intentar adiviñar as pistas:

Deixamos unha pequena montaxe con imaxes e vídeos das distintas actividades realizadas. Esperamos que vos guste!



Como agasallo, o alumnado recibiu un marcapáxinas que decorou ao seu gusto:




No hay comentarios:

Publicar un comentario