martes, 19 de diciembre de 2017
domingo, 17 de diciembre de 2017
ALMANAQUE MARÍA VICTORIA MORENO
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración de todo o centro elaborou un almanaque para o ano 2018 onde se resume a vida e obra de María Victoria Moreno, autora a que se lle dedican as Letras Galegas do vindeiro ano.
Cada mes está acompañado dun texto no que se amosa parte da vida de María Vitoria Moreno xunto cun debuxo realizado polo alumnado e acompañado de pictogramas, facilitando así o acceso a información.
Agardamos que vos resulte útil.
Agardamos que vos resulte útil.
RECOMENDACIÓNS DOS DÍAS 11 E 12
O encargado de mostrar a recomendación do día 11 foi Martín.
E a recomendación é...
"Nicolás va a la biblioteca"
SÍPNOSE:
Creado a partir dunha idea de Antonio Zorrilla Salgado, bibliotecario de Vélez-Málaga, este libro mostra que funcións cumpren as bibliotecas, non só como espazos para ler ou levar libros e películas en préstamo, senón tamén para consultar a prensa, buscar información en internet, participar en sesións de animación á lectura ou visitar as exposicións que se instalan nas súas salas. Tamén detalla que tipos de libros hai a disposición do público -informativos, científicos, ficción, historia...- e como funciona este servizo: a función do carné bibliotecario, o rexistro do material prestado e o deber de devolvelo nun tempo determinado.
Os textos adaptáronse á linguaxe de pictogramas SPC, un sistema de comunicación baseado en debuxos e cores.
O día 12 foron Carla e Sabela as encargadas escollidas para descubrir a recomendación.
O título recomendado é...
"Las aventuras del capitán calzoncillos"
SÍPNOSE:
Jorge e Berto son dous amigos que crearon o maior superheroe con superpoderes superelásticos da historia do cómic... E están a piques de crealo tamén na vida real! Aquí está o Capitán Calzóns, un superheroe cunha identidade secreta.
domingo, 10 de diciembre de 2017
RECOMENDACIÓNS DOS DÍAS 4 E 5
Os encargados de mostrar a recomendación do día 4, foron Martín e Tiziano.
E a recomendación é...
"El diario de Nikki"
SÍPNOSE:
Cando o pai de Nikki é contratado para encargarse da desinfección dun instituto de alto nivel, non só consegue un traballo para todo o ano senón que á súa vez consegue unha bolsa para a súa filla. E é aí onde empeza o sinvivir de Nikki que se atopa perdida de súpeto entre un mundo descoñecido para ela.
Enseguida coñecerá a MacKenzie, unha moza que sempre vai á última e que lidera o grupo GPS (Guapas, Populares e Simpáticas). A guerra entre ela e MacKenzie para conseguir ser a número un está servida.
O día 5 foron Sabela e Daniela as encargadas escollidas para descubrir a recomendación.
O título recomendado é...
"Mi primer memory: los colores"
SÍPNOSE:
Un libro todo cartón con cinco propostas do xogo do memory para aprender as cores. En cada páxina da esquerda hai unha escena con varias propostas de actividades de observación. En cada páxina da dereita preséntase o xogo do memory con catro pares de cartoncillos que hai que relacionar.
viernes, 1 de diciembre de 2017
DESCUBRIMOS A PRIMEIRA RECOMENDACIÓN
Cada día no recreo imos descubrir un libro que vos queremos recomendar.
A recomendación de hoxe é... a colección de Isadora Moon!!
SÍPNOSE:
Isadora Moon é diferente. A súa mamá é unha fada, o seu papá un vampiro e ela ten un pouquiño dos dous. Encántalle a noite, os morcegos e o seu tutú negro de ballet, pero tamén a luz do sol, as varitas máxicas e o seu coello rosa Pinky.
Animádesvos a coñecela? Podedes coller emprestado o libro na biblioteca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)