Chega o fin deste ano tan raro, e co noso desexo de que o vindeiro será moito mellor, queremos agasallarvos co Almanaque "OS NOSOS CAMIÑOS", elaborado coas ilustracións do alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria. Esperamos vos guste!!
Para pasar estes días de descanso, para pedir aos Reis, Papa Noel e Apalpador, para agasallar... pinchade na imaxe para acceder á nosa recomendacion de lecturas
Nesta ultima curta deste ano 2020 non é o noso proposito facer publicidade a unha cadea de supermercados, pero facemos noso o desexo de afastar as malas vibracions deste ano que remata e animar a seguir resistindo con moito sentidiño.
Bo NADAL E FELIZ 2021
No Nadal galego existe unha figura que agasalla aos nenos e nenas nestas festas. Para saber mais del pincha na imaxe para visitar a web na que a Irmandade dos Apalpabarrigas, pon á nosa disposición unha chea de recursos para afondar nesta personaxe.
E pincha nesta imaxe se queres ler as suas historias:
Para conmemorar o 10 de decembro, o alumnado de 5º e 6º narrou os artigos da Declaracion Universal dos Dereitos Humanos, en galego, achegandoos así, non só aos galego-falantes, senon tamén a aqueles que non os poden ler
Cada 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos , día en que, en 1948, a Asamblea Xeral das Nacions Unidas adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH). Esta Declaración é un documento histórico que proclama os dereitos inalienables que corresponden a toda persoa como ser humano, independientemente da sua raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinión política ou doutra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. Está dispoñible en máis de 500 lenguas e é o documento que máis se traduciu en todo o mundo.
Locución do vídeo sobre dereitos humanos de Rightsinfo.org feita polos alumnos de 4º do Colexio Público San Fernando de Elche.