viernes, 15 de mayo de 2015
Letras Galegas
Ola, de novo :
Hoxe pola mañá celebramos todos xuntos as Letras Galegas,con varias actividades coordinadas polo Equipo de Dinamización Lingüística.Este ano adícase a D.Xosé Filgueira Valverde, o vello profesor como era coñecido na súa Pontevedra natal.Os de sexto fixeron unha pequena biografía deste insigne galego. Houbo diversos bailes, coplas e tamén unha representación teatral da Tía Lambida de Blanco Amor.Nesta montaxe podedes ver fotos e tamén un video dunha das magníficas actuacións.
Letras Galegas 2015 on PhotoPeach
Tamén se entregaron os premios do IV Certame Literario "Emilia García Barreiro", en recordo da nosa querida compañeira.Velaí as fotos dos premiados, noraboa a todos.
Premios IV Certame Literario "Emilia García Barreiro" on PhotoPeach
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario