Bases Certame Literario “Emilia García Barreiro”.
- MODALIDADES.
· Conto
ilustrado.
· Poesía.
· Cómic.
· Narrativa.
- TEMAS.
Os temas a tratar nos
traballos serán libres e redactados en lingua galega.
- EXTENSIÓN.
Os traballos
presentados non poderán exceder das 3 páxinas, agás o conto ilustrado.
- PARTICIPACIÓN.
Poderán participar
neste certame todos os alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Anxo da Garda.
- MODO DE PRESENTACIÓN.
Tódalas obras deberán
ser presentadas nun sobre pechado, recollendo todos os traballos de ciclo, polo
que se encargarán os coordinadores. Noutro sobre deben aparecer os autores e a
obra que presentan, para garantir a súa confidencialidade. Polo tanto, as obras
non poden ir asinados, aínda que si con un pseudónimo.
- LUGAR E DATA DE PRESENTACIÓN.
As distintas obras
deben ser entregadas na semana do 23 ao 27 de Abril aos coordinadores dos
distintos ciclos.
- PREMIOS.
1º premio: Diploma, libro ou material
didáctico e publicación da súa obra na revista escolar.
2º premio: Diploma e libro ou material didáctico.
3º premio: Diploma e libro ou material
didáctico.
O feito de participar no certame presupón
a aceptación das presentes bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario