miércoles, 14 de mayo de 2025

GRAVACIÓN DE PODCAST EN RADIO NA BIBLIO





No cole, o alumnado de 6º de Educación Primaria viviu unha experiencia única ao crear, dende cero, un podcast sobre as Letras Galegas e as pandereteiras, un proxecto que combinou aprendizaxe, traballo en equipo e a exploración de dúas tradicións fundamentais da nosa cultura. Ao longo deste proceso, os nosos rapaces e rapazas non só aprenderon sobre a importancia de celebrar as nosas letras e a figura das mulleres que marcaron historia na música tradicional galega, senón tamén adquiriron habilidades tecnolóxicas e comunicativas para crear e producir un podcast profesional.

Desde a investigación e selección de contidos, ata a grabación, a edición e a publicación do podcast, os alumnos e alumnas foron responsables de todo o proceso. Aprenderon a usar ferramentas de edición de audio, a redactar guions e a falar en público, desenvolvendo ao mesmo tempo a súa capacidade de traballo en grupo. Este proxecto permitiulles afondar nas raíces da nosa cultura galega e transmitir, de maneira creativa, a súa importancia. O resultado é unha obra que non só amosa o seu coñecemento sobre as Letras Galegas e as pandereteiras, senón tamén a súa capacidade para comunicar de forma clara e atractiva. 

Unha gran achega ao noso patrimonio cultural!

No hay comentarios:

Publicar un comentario