jueves, 21 de marzo de 2019

Día da Poesía no Centro de Día de Eiris

Hoxe, Día da Poesía, o alumnado voluntario da biblioteca visitou o Centro de Día de Eirís onde compartiron lecturas de poemas escritos por alumnado do colexio coas persoas alí presentes. O recital foi todo un éxito!!





Día da poesia no centro de dia de Eiris from BiblioAnxo on Vimeo.

viernes, 8 de marzo de 2019

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Estes son os murais que elaboraron os nenos e nenas do Ceip Plurilingüe Anxo da Garda con gallo da celebración do Dia Internacional da Muller

jueves, 28 de febrero de 2019

Entroido tradicional

Achegamonos a unha das personaxes do Entroido tradicional galego, os BOTEIROS, da man das voluntarias da Biblioteca, que nos trasmitiron o aprendido dun Boteiro de verdade, que nos prestou e explicou o traxe.




GRACIÑAS  ROI!!

domingo, 24 de febrero de 2019

IAGO LOPEZ E O COCIÑEIRO MARTIÑO VISITAN BIBLIOANXO


IAGO LOPEZ E O COCIÑEIRO MARTIÑO from BiblioAnxo on Vimeo.

ANXOBOOKTUBERS

O alumnado de 5º de Primaria e o seu titor crearon un blog no que dialogan e fan recomendacións de libros que len e lles gustan, aqui vos deixamos o enlace (pinchade na imaxe), seguro que vos resulta de interese. 



NORABOA POR ESTA FERMOSA INICIATIVA!!

martes, 29 de enero de 2019

IMAXINA

Para conmemorar o Dia da Paz e Non Violencia, o EDLG e o Equipo de Biblioteca versionan en galego a famosa canción Imagine de John Lennon, e o conto ilustrado
baseado nesa canción.
Esperamos que vos guste!!



lunes, 21 de enero de 2019

VISITA DENDE A FABRICA DOS CONTOS

Os nenos e nenas de Educacion Infantil recibiron a visita de Sara e Álex, que traballan na Fabrica dos Contos de Kalandraka e trouxeron a BiblioAnxo unhas maletas cheas de música e contos.