viernes, 15 de mayo de 2015

Letras Galegas

Ola, de novo : Hoxe pola mañá celebramos todos xuntos as Letras Galegas,con varias actividades coordinadas polo Equipo de Dinamización Lingüística.Este ano adícase a D.Xosé Filgueira Valverde, o vello profesor como era coñecido na súa Pontevedra natal.Os de sexto fixeron unha pequena biografía deste insigne galego. Houbo diversos bailes, coplas e tamén unha representación teatral da Tía Lambida de Blanco Amor.Nesta montaxe podedes ver fotos e tamén un video dunha das magníficas actuacións. Letras Galegas 2015 on PhotoPeach Tamén se entregaron os premios do IV Certame Literario "Emilia García Barreiro", en recordo da nosa querida compañeira.Velaí as fotos dos premiados, noraboa a todos. Premios IV Certame Literario "Emilia García Barreiro" on PhotoPeach

viernes, 24 de abril de 2015

Día do Libro

Ola a todos: Estas fotos son unha pequena testemuña de canto disfrutamos todos coa actividade do "Padriño Lector",que tivemos esta semana na hora de ler.Deste xeito, celebramos o Día do Libro. Día do Libro 2015 on PhotoPeach

martes, 17 de marzo de 2015

Semana da Prensa

Ola a todos: A semana pasada có gallo da celebración da Semana da Prensa, aproveitamos para ler diversos xornais na biblioteca, aquí tedes as fotos sobre esas xornadas. Semana da Prensa on PhotoPeach

lunes, 2 de marzo de 2015

Día de Rosalía:

Ola lectores: Aquí tedes o video coa grabación do poema de Rosalía "Vente rapasa", e na que participastes todos.Isto servíunos para commemorar o aniversario do nacemento da máis ilustre poetisa galega, que naceu o 24 de febreiro de 1837.