domingo, 17 de diciembre de 2017

ALMANAQUE MARÍA VICTORIA MORENO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración de todo o centro elaborou un almanaque para o ano 2018 onde se resume a vida e obra de María Victoria Moreno, autora a que se lle dedican as Letras Galegas do vindeiro ano.
Cada mes está acompañado dun texto no que se amosa parte da vida de María Vitoria Moreno xunto cun debuxo realizado polo alumnado e acompañado de pictogramas, facilitando así o acceso a información.
Agardamos que vos resulte útil.


RECOMENDACIÓNS DOS DÍAS 11 E 12

O encargado de mostrar a recomendación do día 11 foi Martín.

E a recomendación é...


"Nicolás va a la biblioteca"

SÍPNOSE:
Creado a partir dunha idea de Antonio Zorrilla Salgado, bibliotecario de Vélez-Málaga, este libro mostra que funcións cumpren as bibliotecas, non só como espazos para ler ou levar libros e películas en préstamo, senón tamén para consultar a prensa, buscar información en internet, participar en sesións de animación á lectura ou visitar as exposicións que se instalan nas súas salas. Tamén detalla que tipos de libros hai a disposición do público -informativos, científicos, ficción, historia...- e como funciona este servizo: a función do carné bibliotecario, o rexistro do material prestado e o deber de devolvelo nun tempo determinado.

Os textos adaptáronse á linguaxe de pictogramas SPC, un sistema de comunicación baseado en debuxos e cores.



O día 12 foron Carla e Sabela as encargadas escollidas para descubrir a recomendación.


O título recomendado é...

"Las aventuras del capitán calzoncillos"

SÍPNOSE:
Jorge e Berto son dous amigos que crearon o maior superheroe con superpoderes superelásticos da historia do cómic... E están a piques de crealo tamén na vida real! Aquí está o Capitán Calzóns, un superheroe cunha identidade secreta. 



domingo, 10 de diciembre de 2017

RECOMENDACIÓNS DOS DÍAS 4 E 5

Os encargados de mostrar a recomendación do día 4, foron Martín e Tiziano.


E a recomendación é...


"El diario de Nikki"

SÍPNOSE:
Cando o pai de Nikki é contratado para encargarse da desinfección dun instituto de alto nivel, non só consegue un traballo para todo o ano senón que á súa vez consegue unha bolsa para a súa filla. E é aí onde empeza o sinvivir de Nikki que se atopa perdida de súpeto entre un mundo descoñecido para ela
Enseguida coñecerá a MacKenzie, unha moza que sempre vai á última e que lidera o grupo GPS (Guapas, Populares e Simpáticas). A guerra entre ela e MacKenzie para conseguir ser a número un está servida.


O día 5 foron Sabela e Daniela as encargadas escollidas para descubrir a recomendación.

O título recomendado é...


"Mi primer memory: los colores"

SÍPNOSE:
Un libro todo cartón con cinco propostas do xogo do memory para aprender as cores. En cada páxina da esquerda hai unha escena con varias propostas de actividades de observación. En cada páxina da dereita preséntase o xogo do memory con catro pares de cartoncillos que hai que relacionar.







viernes, 1 de diciembre de 2017

DESCUBRIMOS A PRIMEIRA RECOMENDACIÓN

Cada día no recreo imos descubrir un libro que vos queremos recomendar.

 Neste primeiro día, as encargadas de mostralo son Julieta e Gabriela.

A recomendación de hoxe é... a colección de Isadora Moon!!



SÍPNOSE:
Isadora Moon é diferente. A súa mamá é unha fada, o seu papá un vampiro e ela ten un pouquiño dos dous. Encántalle a noite, os morcegos e o seu tutú negro de ballet, pero tamén a luz do sol, as varitas máxicas e o seu coello rosa Pinky.

Animádesvos a coñecela? Podedes coller emprestado o libro na biblioteca.

          

miércoles, 29 de noviembre de 2017

MÚSICA EN GALEGO

Dende o luns atópase no corredor do primeiro andar unha exposición dedicada á música en galego (cds e contos musicados).
Podedes ollalos e escoitalos ate o día 20 de decembro, día no que recolleremos este material.






Na tablet podedes escoitar moitas destas cancións e contos, gran parte deles con pictogramas, que tamén pódedes ver no blog do centro: anxopictogramas.blogspot.com

O Equipo de DLG e Biblioteca


jueves, 16 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Co gallo da conmemoración do día contra a violencia de xénero (25 de novembro) montouse unha exposición de libros sobre esta temática no corredor do primeiro andar. 


Temos a sorte de contar coa maleta para o traballo en igualdade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que trae uns libros extraordinarios.
Tamén podedes ver os títulos cos que contamos na pantalla do recibidor.

Pasádevos a lelos e comentarnos a vosa opinión.

   
           

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca.


miércoles, 8 de noviembre de 2017

Mochilas Viaxeiras

O venres pasado comezaron a viaxar de casa en casa as mochilas viaxeiras de 1º e 2º.

Nestas mochilas atoparedes: un libro de lectura, un libro de información, un DVD, un CD de música, un libro para colorear e o caderno viaxeiro, onde poderedes deixar a vosa pegada.




Felices lecturas familiares!

lunes, 6 de noviembre de 2017

CADRO DE VOLUNTARIOS DA PRIMEIRA AVALIACIÓN



Neste curso temos un cambio moi importante en BiblioAnxo!! 

A partir de agora os vosos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º serán voluntarios na biblioteca no horario do recreo.

Estarédesvos preguntando en que consiste isto exactamente, non? Pois a partir de agora serán eles/as os que fagan o préstamos de libros, películas..., tentaran resolver as vosas dúbidas, aconsellarvos...

Non dubidedes en acudir a eles/as en calquera momento, xa que están desexando axudar.

Boas lecturas!

domingo, 5 de noviembre de 2017

SAMAÍN

Para festexar Samaín montamos unha exposición temporal terrorífica no corredor do primeiro andar.






Ademais, no corredor da Biblioteca montamos un photocoll no que aproveitamos para sacar unhas fotografías que meten medo. 

UUUUUUH!








INAUGURACIÓN DE BIBLIOANXO

Na semana do 23 ao 27 de outubro levouse a cabo a presentación e inauguración de nova BiblioAnxo!!

Os diferentes grupos de Educación Primaria acudiron á biblioteca acompañados por un membro do Equipo de Biblioteca, para que se lles explicase a nova organización dos libros, recordar as normas e solventar posibles dúbidas.

Os grupos de Educación Infantil, ademais de recibir todas as explicacións do funcionamento da biblioteca, escoitaron uns contos moi entretidos.

Aquí vos deixamos unhas fotografías nas que se pode ver o ben que o pasamos.












Esperamos vervos moito pola biblio!

MALETA VIAXEIRA DE POESÍA


A Maleta Viaxeira é unha iniciativa de Bibliotecas Escolares de Galicia para contar cunha maleta que contén libros de diferentes temáticas. 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca pedimos a Bibliotecas Escolares que nos emprestasen a mochila viaxeira de Poesía.

Esta mochila estará connosco ate o 15 de novembro. 

Neste enlace podedes ver os títulos que se inclúen na maleta:

Cos títulos en galego fixemos unha exposición no corredor do primeiro andar para que poidades gozar de todos estas obras.


Dentro da maleta inclúense varios títulos do escritor Antonio García Teijeiro, que no mes de outubro foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2017 pola súa obra " POEMAR O MAR" escrita en galego e ilustrada por Xan López.





Aproveitade para ler as súas obras. Non vos defraudará!


lunes, 20 de marzo de 2017



A semana pasada chegou o novo recuncho de lectura para a biblioteca. Ten un éxito enorme.




Ola de novo!
Aquí vos presento os carteis de febreiro e marzo para animar á lectura.


martes, 14 de febrero de 2017

Ola a todos e todas:
Comezamos este ano  cunha nova iniciativa: utilizar o refraneiro para animar á lectura.
 Este é o de  xaneiro: