jueves, 31 de diciembre de 2020

BO CAMIÑO 2021

 Chega o fin deste ano tan raro, e co noso desexo de que o vindeiro será moito mellor, queremos agasallarvos co Almanaque "OS NOSOS CAMIÑOS", elaborado coas ilustracións do alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria. Esperamos vos guste!!

Pinchade na imaxe para velo todo


martes, 22 de diciembre de 2020

BO NADAL !!

Queremos cerrar este 2020 desexandovos Felices Festas, Bo Nadal e un ventureiro 2021, coa postal gañadora do noso Concurso de Postais de Nadal 2020



A ilustración foi realizada por Juan Devesa Dourado de 3ºA de Educacion Primaria.
NORABOA!!


lunes, 21 de diciembre de 2020

LECTURAS PARA UN NADAL MOI ESPECIAL

 Para pasar estes días de descanso, para pedir aos Reis, Papa Noel e Apalpador, para agasallar... pinchade na imaxe para acceder á nosa recomendacion de lecturas







Pasapalabra Galego

A clase de 6º A tamén elaborou un pasapalabra, que comparte con nos. Graciñas!!

 

Pasagalego 6º A from EDLG ANXODAGARDA on Vimeo.

Respostas Pasagalego from EDLG ANXODAGARDA on Vimeo.

Pasapalabra do Nadal

Animadevos a xogar co Pasapalabra elaborado pola profe Eva. Graciñas por compartir

CURTAS PARA COMEZAR A SEMANA E O NADAL: NON VAS PODER CON NOS

Nesta ultima curta deste ano 2020 non é o noso proposito facer publicidade a unha cadea de supermercados, pero facemos noso o desexo de afastar as malas vibracions deste ano que remata e animar a seguir resistindo con moito sentidiño. Bo NADAL E FELIZ 2021

 

domingo, 20 de diciembre de 2020

E o apalpador??

No Nadal galego existe unha figura que agasalla aos nenos e nenas nestas festas. Para saber mais del pincha na imaxe para visitar a web na que a Irmandade dos Apalpabarrigas, pon á nosa disposición unha chea de recursos para afondar nesta personaxe.
 


E pincha nesta imaxe se queres ler as suas historias:



jueves, 10 de diciembre de 2020

Guía Ilustrada dos Dereitos Humanos, en GALEGO

Para conmemorar o 10 de decembro, o  alumnado de 5º e 6º narrou os artigos da Declaracion Universal dos Dereitos Humanos, en galego, achegandoos así, non só aos galego-falantes, senon tamén a aqueles que non os poden ler


10 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Cada 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos , día en que, en 1948, a Asamblea Xeral das Nacions Unidas adoptou a  Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH). Esta Declaración é un documento histórico que proclama  os dereitos inalienables que corresponden a toda persoa como ser humano, independientemente da sua raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinión política ou doutra índole, orixe  nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. Está dispoñible en máis de 500 lenguas e é o documento que máis se traduciu en todo o mundo.

 Locución do vídeo sobre dereitos humanos de Rightsinfo.org feita polos alumnos de 4º do Colexio Público San Fernando de Elche.  

Version ilustrada en galego

Para saber mais

jueves, 26 de noviembre de 2020

MES DA CIENCIA 2020

Novembro vai rematando e imos recompilando os experimentos levados a cabo nas aulas, para celebrar o Mes da Ciencia nas Bibliotecas:


6º de Educacion Infantil

1º de Educación Primaria A


2º de Educacion Primaria

MES DA CIENCIA 2020 2º PRIMARIA from BiblioAnxo on Vimeo.


En algun destes experimentos servimonos da nosa guía de lectura



viernes, 13 de noviembre de 2020

6º A traballa con Gianni Rodari

 Dentro das actividades de conmemoracion do Centenario de Gianni Rodari, o alumnado de 6ºA elaborou estes "Titulares Locos" baseados no seu libro Gramática de la Fantasia 


Claudia tamén compartiu con nos a sua historia:

viernes, 30 de octubre de 2020

CONCURSO POESIA

 Xa temos gañadores do Certame "Mes da Poesía" que tiñamos adiados dende o mes de marzo. 

Educación Infantil

4º E. Infantil

4º E. Infantil
5º E.Infantil

6º E. Infantil




1º e 2º de E. Primaria


Héctor Pazó
Adrián Antonio Quijada

Tatiana Leone







3º e 4º de Primaria


Sara Eiroa


Ada Sánchez
Mariña Toucedo
Manuela Garcia




Brais de la Torre




5º e 6º E. Primaria



Alejandro Álvarez





Valle Martínez e Cristina Mosteiro
Irene López








miércoles, 28 de octubre de 2020

31 DE OUTUBRO: DIA DAS LETRAS GALEGAS???

Si si, non toleamos, por mor da Covid-19, a festa das nosas letras foi adiada ao 31 de outubro. Este ano esta adicado a Ricardo Carballo Calero, e aqui vos deixamos o Genially que elaboramos en maio recopilando recursos para coñecer máis del, asi como un xogo de fuga feito polos compañeiros do CPI Mosteiro de Meis.
pI
Pinchando neste enlace accederedes a máis recursos.






lunes, 26 de octubre de 2020

GRAZAS VOLUNTARIOS

Eles eran un piar no funcionamento de BiblioAnxo, colaborando no préstamo, na colocación, axudando aos máis pequenos, velando polo cumplimento das normas, preparando historias .... e máis que merecido teñen ese agasallo da Asesoria de Bibliotecas Escolares e Voluntariado, e o diploma que llelo recoñece.










  

O Equipo de Biblioteca do Anxo da Garda agradecevos o voso esforzo e tempo!! 

CURTAS TERRORIFICAS PARA COMEZAR A SEMANA

viernes, 23 de octubre de 2020

Rodari en Biblioanxo: lecturas virtuais compartidas

Se a situacion non permite xuntarnos e compartir lecturas cos compañeiros doutros cursos, buscamos o xeito de chegar a todos eles. Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas, e o 100 aniversario do nacemento de Gianni Rodari, iniciamos as lecturas compartidas. Escollemos distintos textos do autor italiano e grabamos a sua lectura, para compartila mediante soundcloud.

O alumnado de 6ºB de Primaria inaugura esta actividade:

Comenzan os préstamos

 Neste curso tan atípico volven os préstamos a BiblioAnxo. Cada aula ten unha caixa con fondos, para a hora de ler.


E, en Educación Infantil e 1º de Primaria, as bolsiñas dos libros que van e e veñen comezan a sua viaxe polas casas, e á volta, despois de disfrutar da sua lectura, os libros voltan á caixa a pasar a corentena de 24 horas, para poder volver a ser usados .



A BIBLIO DO NOSO BARRIO

Temos a sorte de estar nun barrio de Coruña con unha Biblioteca Municipal maravillosa, e o seu personal quere recordarnos que ainda que teñen un horario máis reducido, seguen abertas para vós e para o barrio 

Aqui podedes coñecela antes de visitala: 


Tamén comparten a sua canle de Youtube, para orientarnos a escoller as nosas proximas lecturas:  



E para entreternos nestas tardes de outono, achegaronse ao cole a deixarnos uns lotes de libros!!



Moitas grazas!!!


QUEN DIXO MEDO???

 Achégase Samaín, e estamos preparados para escoitar e ler relatos de medo. Animadevos a encher o cole de historias terrorificas????










24 de outubro : Día das Bibliotecas

Dende 1997, a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil promove esta celebración en recordo do incendio da Biblioteca de Sarajevo durante o conflicto dos Balcans en 1992. 

Bibliotecas públicas, privadas, universitarias, especializadas, escolares, nacionales, móviles… Todas  albergan grandes tesouros, e unha das mellores maneras de protexelas é dalas a coñecer, abrir as suas portas, mostrar os seus recunchos máis escondidos, extraer os documentos dos fríos estantes e poñelos en mans dos lectores. E, sobre todo, falar e facer que se fale delas.


Dende BiblioAnxo queremos propoñervos que fagades un cartel, debuxo,.que anime a empregar estes lugares máxicos.

Animate e participa!!!


Os primeiros debuxos chegan dende primeiro:



6º B:






lunes, 19 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS 2020

 Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.


Día internacional de Las ESCRITORAS from Morcillo González on Vimeo.


En BiblioAnxo adicamos este dia a lecturas feitas por escritoras:

4º Infantil : O FIO, Gracia Iglesias




5º Infantil : LEOTOLDA, Olga de Dios



6º Infantil - O CAN DE MILU  Mariann  Máray

1º de Primaria BECHOPOEMAS - Leire Bilbao

1º A



1º B

2º Primaria 
EL NIÑO QUE NO QUERIA SER AZUL. LA NIÑA QUE NO QUERIA SER ROSA - Patricia Fitti 


3º Primaria
VERSOS DE CUENTO Carmen Gil

3º A

3ºB 



 4º PRIMARIA


5º PRIMARIA

 5ºA Elvira Riveiro , ADIOS MARIA, Xohana Torres 5ºB VERDEDADES - Yolanda Castaño  


 6º PRIMARIA 

 6º A Amor de MªXosé Queizan  

 6º B ACUARIO 2, María Canosa

miércoles, 7 de octubre de 2020

A biblio do noso barrio busca axudantes!!ANIMATE

Temos a sorte de ter unha biblioteca preciosa e moi activa no barrio, e dende ali queren convidarnos a participar nela. Pincha na imaxe  para ver como: 

 



lunes, 5 de octubre de 2020

CURTAS PARA COMEZAR A SEMANA III: MAFALDA

Esta semana deixounos Quino, creador de Mafalda, unha nena preocupada pola  humanidade e la paz mundial que se rebela contra o mundo legado polos maiores. da queremos facerlle unha homenaxe adicandolle a nosa curta.



Tedes algunha das suas tiras na sección Banda Deseñada de BiblioAnxo

viernes, 19 de junio de 2020

CURTAS PARA QUEDAR NA CASA 57: ESTAMOS NO VERÁN!

E como peche desta coleción de curtas, que esperamos vos gustasen e fixesen máis levadeira a estancia na casa, rematamos o curso con un videoclip do libro-disco de Xoan Curiel e Charo Pita.



FELIZ VERÁN!!

Vémonos en setembro ....

martes, 16 de junio de 2020

VERÁN DE CONTOS XENIAL

Estamos a piques de rematar o curso e comezar o verán. Deixamos atrás as tarefas do cole, pero non queremos que vos aburrades, polo que aqui vos deixamos unha chea de contos, que seguro, vos farán este tempo de lecer moito máis ameno!!



PODEDES DESCARGALO PINCHANDO AQUI 

E SE VOS SABE A POUCO, PINCHANDO NA IMAXE ATOPAREDES AS RECOMENDACIÓNS DOUTRAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Imaxe de María López Pousa

CURTAS PARA QUEDAR NA CASA 54: HAIR LOVE

lunes, 8 de junio de 2020

CURTAS PARA QUEDAR NA CASA 48: DÍA MUNDIAL DOS OCEANOS

Temos a sorte de vivir a carón do mar, un mar que nos relaxa, que nos fai disfrutar, e que nos da de comer ... que nos cuida .....



... e  nos......COIDAMOS DEL???




RECORDA....


lunes, 1 de junio de 2020

lunes, 18 de mayo de 2020

FEIRA DAS LETRAS

Aqui temos unha recompilación dos traballiños feitos na Feira das Letras:



 SOPAS DE LETRAS:



e AQUI podedes ver e escoitar as historias que nos contaron:





Día Internacional dos Museos: Museo GHIBLI Tokyo


No Día Internacional dos Museos viaxamos a Tokyo para visitar o Museo Ghibli , creado polo  mestre animador Hayao Miyazaki, ganador dun Oscar á mellor película de animación por El viaje de Chihiro. O seu obxectivo é que os nenos (que son tratados como adultos) e os mozos de espíritu  descubran, sintan, disfruten e reflexionen.







E se quedastes con ganas de máis, pinchade AQUI para acceder á nosa recompilacion de visitas virtuais aos museos.

e AQUI  para visitar a galeria de ARTE NA CASA do noso alumnado

CURTAS EN GALEGO PARA QUEDAR NA CASA 33: PACO PAPAN

viernes, 15 de mayo de 2020