miércoles, 29 de noviembre de 2017

MÚSICA EN GALEGO

Dende o luns atópase no corredor do primeiro andar unha exposición dedicada á música en galego (cds e contos musicados).
Podedes ollalos e escoitalos ate o día 20 de decembro, día no que recolleremos este material.






Na tablet podedes escoitar moitas destas cancións e contos, gran parte deles con pictogramas, que tamén pódedes ver no blog do centro: anxopictogramas.blogspot.com

O Equipo de DLG e Biblioteca


jueves, 16 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Co gallo da conmemoración do día contra a violencia de xénero (25 de novembro) montouse unha exposición de libros sobre esta temática no corredor do primeiro andar. 


Temos a sorte de contar coa maleta para o traballo en igualdade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que trae uns libros extraordinarios.
Tamén podedes ver os títulos cos que contamos na pantalla do recibidor.

Pasádevos a lelos e comentarnos a vosa opinión.

   
           

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca.


miércoles, 8 de noviembre de 2017

Mochilas Viaxeiras

O venres pasado comezaron a viaxar de casa en casa as mochilas viaxeiras de 1º e 2º.

Nestas mochilas atoparedes: un libro de lectura, un libro de información, un DVD, un CD de música, un libro para colorear e o caderno viaxeiro, onde poderedes deixar a vosa pegada.




Felices lecturas familiares!

lunes, 6 de noviembre de 2017

CADRO DE VOLUNTARIOS DA PRIMEIRA AVALIACIÓN



Neste curso temos un cambio moi importante en BiblioAnxo!! 

A partir de agora os vosos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º serán voluntarios na biblioteca no horario do recreo.

Estarédesvos preguntando en que consiste isto exactamente, non? Pois a partir de agora serán eles/as os que fagan o préstamos de libros, películas..., tentaran resolver as vosas dúbidas, aconsellarvos...

Non dubidedes en acudir a eles/as en calquera momento, xa que están desexando axudar.

Boas lecturas!

domingo, 5 de noviembre de 2017

SAMAÍN

Para festexar Samaín montamos unha exposición temporal terrorífica no corredor do primeiro andar.






Ademais, no corredor da Biblioteca montamos un photocoll no que aproveitamos para sacar unhas fotografías que meten medo. 

UUUUUUH!








INAUGURACIÓN DE BIBLIOANXO

Na semana do 23 ao 27 de outubro levouse a cabo a presentación e inauguración de nova BiblioAnxo!!

Os diferentes grupos de Educación Primaria acudiron á biblioteca acompañados por un membro do Equipo de Biblioteca, para que se lles explicase a nova organización dos libros, recordar as normas e solventar posibles dúbidas.

Os grupos de Educación Infantil, ademais de recibir todas as explicacións do funcionamento da biblioteca, escoitaron uns contos moi entretidos.

Aquí vos deixamos unhas fotografías nas que se pode ver o ben que o pasamos.












Esperamos vervos moito pola biblio!

MALETA VIAXEIRA DE POESÍA


A Maleta Viaxeira é unha iniciativa de Bibliotecas Escolares de Galicia para contar cunha maleta que contén libros de diferentes temáticas. 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca pedimos a Bibliotecas Escolares que nos emprestasen a mochila viaxeira de Poesía.

Esta mochila estará connosco ate o 15 de novembro. 

Neste enlace podedes ver os títulos que se inclúen na maleta:

Cos títulos en galego fixemos unha exposición no corredor do primeiro andar para que poidades gozar de todos estas obras.


Dentro da maleta inclúense varios títulos do escritor Antonio García Teijeiro, que no mes de outubro foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2017 pola súa obra " POEMAR O MAR" escrita en galego e ilustrada por Xan López.





Aproveitade para ler as súas obras. Non vos defraudará!