martes, 27 de mayo de 2025

NOVOS FONDOS DE LIBRO INFORMATIVO

 


Seguimos ampliando e mellorando os recursos da nosa biblioteca escolar, e hoxe queremos compartir con vós unha nova incorporación: os libros que aparecen na foto son novos fondos de carácter informativo, escollidos con coidado para enriquecer o fondo documental do centro.

Estes materiais están orientados a apoiar o desenvolvemento das diferentes áreas curriculares, ofrecendo contidos actualizados, atractivos e adaptados aos intereses do noso alumnado.

Durante estes días, os libros están expostos na sala de mestres, de xeito que o profesorado poida consultalos de primeira man, coñecer as súas  posibilidades didácticas e valorar a súa incorporación nas programacións e nas actividades de aula.

Animámosvos a botarlles un ollo en canto abra a biblioteca e a empregalos como ferramenta para seguir facendo da nosa biblioteca un espazo vivo, útil e cheo de aprendizaxes.

lunes, 26 de mayo de 2025

A VACA JOSEFINA CHEGA Á AULA DE 5º DE EI DA MAN DO ALUMNADO DE 6º DE EP🐮📚



O alumnado de 6º de Primaria está a visitar a aula de 5º de Infantil para contarnos contos da entrañable colección da vaca Josefina.

Todo comezou cando a nai dunha compañeira veu contarnos unha das historias desta divertida vaca. A actividade foi todo un éxito: os nenos e nenas quedaron encantados coa historia, coa visita e coa maxia da narración oral.

Tan boa acollida tivo, que decidimos continuar coa experiencia. Agora, son os maiores do cole quen collen o relevo e veñen a compartir connosco novas aventuras da vaca Josefina. Ademais de fomentar a lectura, esta actividade promove a relación entre etapas e a aprendizaxe cooperativa.

Cada encontro é unha oportunidade para escoitar, imaxinar, rir e medrar xuntos arredor dos libros. Grazas aos nosos contadores e contadoras e a toda a comunidade educativa que o fai posible. No Anxo, seguimos construíndo pontes a través das historias. 💜📖✨

viernes, 23 de mayo de 2025

CREAMOS CONTOS EN 1º DE PRIMARIA

 


O alumnado de 1º de EP estivo a traballar moito esta semana creando as súas propias historias, respectando as partes que debe ter un conto. Unha vez feitos, ilustracións incluidas, foron ás diferentes aulas do cole a ensinarnos as súas creacións. 

Esta é unha forma marabillosa para traballar a lectoescritura, a creatividade, e compartir o proceso con compañeiras e compañeiros. Así, traballamos os obxectivos do Plan de Lectura e de Biblioteca do noso cole.

Continuamos!

PRÉSTAMO DE CONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

 



Os peques de Infantil levan todo o curso disfrutando dunha actividade moi especial, un préstamo de contos. Cada semana, escollen un conto de préstamo para levar para casa e ler coa súa familia.

Esta iniciativa é unha fermosa maneira de fomentar o hábito da lectura desde pequenos, creando un vínculo entre a escola e o fogar a través das historias. Ao compartir os contos nas casas, as familias teñen a oportunidade de vivir momentos cheos de imaxinación, emoción e aprendizaxe xuntos.

Agradecemos a todas as familias a súa implicación e coidado coa mochila, que fai posible que esta aventura literaria continúe semana tras semana.

Seguimos traballando para que a lectura siga sendo unha ponte entre a escola e o fogar, e un motivo de alegría para todos!

jueves, 22 de mayo de 2025

PASAPORTE CORUÑO



Nestes días continúan a chegar pasaportes completos de nenas e nenos que xa foron descubrir recunchos importantes da nosa cidade.

Lembrade que tendes ata o 30 de maio para traelo cuberto e poder así recibir un pequeno agasallo a final de curso.

Animádevos a descubrir a nosa cidade, A Coruña AGÁRDATE!

lunes, 19 de mayo de 2025

NOVOS FONDOS NA NOSA BIBLIO RELACIONADOS COA CONVIVENCIA




No marco do Plan de Formación Permanente do Profesorado, centrado na mellora da convivencia e na adquisición de recursos para a resolución pacífica de conflitos, o noso centro realizou unha selección de materiais específicos que xa foron adquiridos co fin de reforzar este obxectivo común. Estes fondos están destinados tanto ao profesorado como ao alumnado e ás familias, e teñen como finalidade ofrecer ferramentas prácticas e adaptadas para fomentar unha cultura de paz, diálogo e respecto mutuo en toda a comunidade educativa.

Este investimento en recursos forma parte do compromiso firme do noso cole coa promoción da convivencia positiva como un piar esencial no desenvolvemento integral do noso alumnado. Apostamos por un entorno escolar no que se escoite, se comprenda e se resolvan os conflitos de maneira construtiva, e cremos que a formación e o acceso a materiais de calidade son fundamentais para avanzar cara a ese modelo de escola inclusiva, segura e participativa que queremos seguir construíndo entre todos e todas.

viernes, 16 de mayo de 2025

VISITAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CASTRILLÓN


Ao longo do curso, o alumnado de Educación Infantil e algúns cursos de primaria fixeron unha saída á Biblioteca Municipal do Castrillón.

Ademais de gozar dun paseo polas rúas do noso barrio, aprendendo do contorno máis próximo, poidemos aprender moitas cousas sobre as nosas bibliotecas municipais.

Alí, as bibliotecarias e por suposto, o paxaro Ole contáronnos infinitos contos e historias, buscamos misteriosos peixes de prata en libros e investigamos sobre o sistema de clasificación de todos os fondos alí gardados. Para todos, resultou moi enriquecedor compartir experiencias cos biblioteca e tender lazos coa mesma será unha grande oportunidade para a nosa biblioteca escolar.

Invitamos tamén as familias a acudir cos peques, pois seguro que alí poderedes pasar un ratiño moi agradable en familia.

miércoles, 14 de mayo de 2025

VISITA DE FUTURAS MESTRAS/ES DA UDC



Nas pasadas semanas recibimos a visita de catro estudantes da Facultade de Educación da Universidade da Coruña (UDC), que compartiron co alumnado de 4º de Educación Primaria a lectura do conto Arlo, el osito valiente

Esta actividade forma parte do noso compromiso coa formación práctica do futuro profesorado, ofrecendo espazos reais de aprendizaxe onde os estudantes universitarios poden poñer en práctica os seus coñecementos e desenvolver as súas habilidades docentes. 

Foi unha experiencia enriquecedora tanto para o noso alumnado como para os futuros mestres, que gozaron dun momento educativo e emotivo arredor da lectura.

GRAVACIÓN DE PODCAST EN RADIO NA BIBLIO





No cole, o alumnado de 6º de Educación Primaria viviu unha experiencia única ao crear, dende cero, un podcast sobre as Letras Galegas e as pandereteiras, un proxecto que combinou aprendizaxe, traballo en equipo e a exploración de dúas tradicións fundamentais da nosa cultura. Ao longo deste proceso, os nosos rapaces e rapazas non só aprenderon sobre a importancia de celebrar as nosas letras e a figura das mulleres que marcaron historia na música tradicional galega, senón tamén adquiriron habilidades tecnolóxicas e comunicativas para crear e producir un podcast profesional.

Desde a investigación e selección de contidos, ata a grabación, a edición e a publicación do podcast, os alumnos e alumnas foron responsables de todo o proceso. Aprenderon a usar ferramentas de edición de audio, a redactar guions e a falar en público, desenvolvendo ao mesmo tempo a súa capacidade de traballo en grupo. Este proxecto permitiulles afondar nas raíces da nosa cultura galega e transmitir, de maneira creativa, a súa importancia. O resultado é unha obra que non só amosa o seu coñecemento sobre as Letras Galegas e as pandereteiras, senón tamén a súa capacidade para comunicar de forma clara e atractiva. 

Unha gran achega ao noso patrimonio cultural!

lunes, 12 de mayo de 2025

CONTINUAMOS COS CONTOS EN FAMILIA






Seguimos a levar adiante a actividade de contacontos en familia nas aulas de Educación Infantil, un proxecto que fomenta o amor pola lectura e a imaxinación entre os nosos pequenos e as súas familias. A través desta actividade, os nenos e nenas, xunto cos seus pais, nais e avós, teñen a oportunidade de compartir historias de xeito dinámico, creando un espazo de aprendizaxe e diversión onde se traballan valores como a creatividade e o compañeirismo.

Cada sesión de contacontos en familia é un momento único para fortalecer os lazos entre a escola e as familias, ao tempo que se potencia a expresión oral e a curiosidade pola lectura.