Comezamos un curso cheo de ilusións e novidades. A nosa biblioteca escolar está a piques de estrear a súa nova imaxe e organización, e moi pronto abrirá tamén en horario de tarde ás familias, para que todas poidades gozar deste espazo de encontro coa lectura e coa cultura. 🏠👨👩👧👦
Nestes días continuamos co traballo iniciado no curso pasado, seleccionando con mimo os mellores fondos 📖✨ e tamén xogos de mesa 🎲, que enriquecerán tanto o tempo de lectura coma os momentos de lecer compartido.
Pouco a pouco imos poñendo en marcha diferentes dinámicas de traballo en horario lectivo 🕒, para facer da biblio un espazo vivo, participativo e creativo.
Este ano, o proxecto de centro leva por título “Baixo os meus olliños” 👀✨, co que realizaremos un percorrido polos diferentes tipos de texto ao longo do curso: narrativos, descritivos, poéticos, informativos… Un camiño cheo de descubrimentos e aprendizaxes. 📝📖
Ademais, xa temos en mente novos proxectos e programas de innovación 💡🚀 que enriquecerán a nosa vida escolar e seguirán facendo da biblioteca un espazo dinámico e aberto a toda a comunidade educativa.
A imaxe que acompaña esta entrada é Olliños, elaborada por todo o alumnado do cole nos primeiros días de curso, símbolo da creatividade e da ilusión compartida. 🎨👧👦
🌟 Benvidas e benvidos a un curso que promete ser inesquecible! 🌟
No hay comentarios:
Publicar un comentario