jueves, 25 de febrero de 2021

Teus doces cantares : Día de Rosalía 2021

Bailamos coa poesía  da nosa escritora máis célebre musicada polo grupo de Astarot, para celebrar o Día de Rosalía  2021, sumándonos á proposta da AELG



Nas aulas, traballouse con textos e imaxes de Rosalía:

En Educación Infantil fixeron realidade os "discos" do cartaz da Aelg, reutilizando carton, e decoraron a sua galleta cunha imaxe de Rosalía e un verso e unha flor na traseira.









miércoles, 24 de febrero de 2021

VISITA VIRTUAL Á BIBLIOTECA DO CASTRILLÓN

 Se non podemos visitar a Biblioteca do noso barrio, Alicia e Luisa achégannola mediante videoconferencia e contos.






Moitas grazas pola vosa colaboración!!


domingo, 21 de febrero de 2021

Día internacional da Lingua Materna 2021

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. Neste ano tan especial, a Xunta de Galicia quere conmemeoralo cunha actividade de dinamización lingüística que se emitirá en streaming desde a Cidade da Cultura de Galicia, hoxe 21 de febreiro ás 11:00 
Pinchade na imaxe para acceder

sábado, 20 de febrero de 2021

Día de Rosalía

 O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidad, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. 

 A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2021, baixo o lema Teus doces cantares, a celebrar este día co agasallo dun libro en galego e unha flor ás amizades e persoas queridas. Publica un manifesto na voz de Anna R. Figueiredo e propón múltiples actividades ás que se poden sumar os centros educativos. Unha proposta para traballar o compromiso da nosa poeta a través dos seus doces cantares.

Nos queremos participar nesta iniciativa movendonos e bailando coa a obra de Rosalia, para o que escollemos o poema "Airiños airiños aires" interpretada polo grupo Astarot.

Aqui vos deixamos unha morea de recursos para coñecer un pouquiño mais a esta autora e disfrutar coa sua obra


Podcast elaborado polo CEIP LAMAS DE ABADE Breakout O DIA DE ROSALIA do Seminario Galán


UNIDADES DIDACTICAS 

PARA SABER MAIS E XOGAR de Martuky PF

XOGO DE ESCAPE DESCUBRINDO A ROSALIA DE CASTRO

jueves, 11 de febrero de 2021

DIA DA NENA E A CIENCIA: 11 DE FEBREIRO

O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
 
 Na páxina web 11 de Febreiro podedes atopar moitísimo material para traballar este tema: actividades, materiais, estatísticas, información sobre mulleres e ciencia, chicas e estudos STEM e un longo etc...
 
 
 

 Neste vídeo 9 mestras da Universidade pública de Navarra (UPNA) son intérpretes e autoras dunha obra de teatro divulgativa na que rescatan a vida e obra de mulleres científicas do pasado:
 
 
 
E para os máis pequenos, este vídeo gañador do concurso de curtametraxes da Unesco "Mujeres en la CTI y matemáticas: 



E para saber máis: 


Para visibilizar o traballo de tantas mulleres do eido da ciencia, propoñemosvos investigar a algunha destas mulleres, ou outra que traballe ou traballase neste ámbito: