miércoles, 30 de noviembre de 2022

viernes, 25 de noviembre de 2022

Carreira Solidaria e contra a Violencia de Xénero

Celebramos a cuarta edición da carreira Quilómetros de Solidariedade promovida pola ONG Save the Children e que este ano pretende recadar fondos para aportar ó Fondo de Emerxencia Internacional usado para axudar a nenos/as e as súas familias es situacións críticas por diversos motivos como poidan ser conflitos bélicos nos seus países de orixe.

Dende a biblioteca quixemos apoiar esta iniciativa traballando co alumnado de 6º de Primaria que "explicou" á comunidade educativa qué estabamos a conmemorar:

Desfrutamos dunha mañá soleada e a celebración da carreira transcurriu sen apenas imprevistos. Ademais, moitas familas estivechedes presentes para animar aos rapaces e rapazas durante as súas quendas de carreira facendo que o ambiente da actividade fose inmellorable.

Quixemos tamén sumarnos á iniciativa "Camiño ao respecto" contra a violencia de xénero e as 12:00 gardamos un minuto de silencio.

Pero a cousa non quedou aí xa que, un ano máis, o compromiso dos patrocinadores foi innegable como así reflexa a cantidade que entre todos recadamos e que xa fixemos chegar a "Save the Children". Por todo isto, pola vosa implicación e colaboración na actividade só podemos dicir "Moitísimas grazas!".
Deixamos a continuación o enlace a unha pequena montaxe con algunhas imaxes da Carreira:

martes, 22 de noviembre de 2022

Día da Música

Achegamonos aos instrumentos e pezas da musica tradicional galega da man dun grupo do noso barrio, IAR, que compartiron con nos este día da Musica

miércoles, 16 de noviembre de 2022