viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTOS LECTORES

 A COVID impediu a "padriños e afillados lectores" xuntarse na Praza da Concordia ou na biblioteca e compartir lecturas, pero non deixamos de reunirnos, mantendo os grupos burbulla, e compartir lecturas dende a distancia.


 










A FAMILIA DE MENCÍA CONTA MOITO

 


GRAZAS FAMILIA!!

VISITA VIRTUAL Á BIBLIOTECA DO BARRIO

A Biblioteca Municipal do Castrillón, no noso barrio,  quixo celebrar connosco esta data tan importante, e contactou coas aulas de Educación Infantil, para que o alumnado poida coñecer este lugar cheo de historias. 



 



 


Despois de contarnos un conto, e convidarnos a visitar a biblioteca e levar unha chea de libros para a casa, enviaronnos unha maleta cheíña de libros:


UN MILLÓN DE GRACIAS A TODO O PERSONAL DESTA BIBLIOTECA!!









Lecturas para o Día do Libro,....... e todos os demais


 

XORNALANXO

 Xa está aquí o primeiro número de XornalAnxo, un periódico elaborado polo alumnado de 4º de Educación Primaria.


A Torre do Reloxo

O alumnado de 4º de Educación Primaria comparte o traballo de investigación feito co gallo do Día das Artes Galegas.


 

CHEGAMOS Á META: DIA DO LIBRO



Os que rematamos a Ruta e conseguimos resolver as adiviñas

 

 


Esperabanos unha pequena recompensa, deseñada para a ocasión:
















 

FELIZ DIA DO LIBRO : a nosa CREAcción

A COVID non nos deixa festexar este día como nos gustaría, con unha actividade na que compartir a lectura e a creatividade, pero iso non impide que rindamos a nosa homenaxe aos libros.  

Cada un dos grupos burbulla escolleu os seus libros favoritos , e con eles creou unha das letras do cartel no seu espazo.



Así o fixemos:




FELIZ DIA DO LIBRO!!

OLLIÑOS QUERE SABER ...... 12





Aínda que agora, por mor das obras na catedral non está funcionando.



 

viernes, 2 de abril de 2021

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

  Para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil, xornada que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen o día 2 de abrilIBBY (International Board On Books For Young People) publica a nivel internacional unha mensaxe e un cartel que no ano 2021 correspondeu á sección de Estados Unidos de Norteamérica. O ilustrador brasileiro Roger Mello e a escritora de orixe cubano Margarita Engle recibiron o encargo, da sección estadounidense do IBBY, de poñer a imaxe e as palabras da celebración.


PINCHADE NA IMAXE PARA ACCEDER Á MENSAXE



As seccións que forman a OEPLI, entre as que GÁLIX representa ao ámbito lingüístico galego, decidiron realizar un vídeo conxunto coa participación de persoas de diferentes idades e sectores e da Directora Xeral do Libro e Fomento da Lectura. A representación galega está formada por Cibrán García, membro da banda de trap Boyanka Kostova e Paula Cañas Freire, gañadora, na categoría de Lectorado inicial, do concurso do Día Internacional do Libro Infantil (DILI) do ano 2020, "Un poema na túa voz".




Polo Día Internacional do Libro Infantil GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) convoca o concurso EU SON...! Se tendes entre 6 e 14 anos podedes participar cun vídeo de menos de 1 minuto representando ao ou á personaxe preferida da literatura galega. nas nosas RRSS. Podedes consultar as bases premendo na imaxe.Animadevos e enviadenolo tamén a biblioanxo@gmail.com



FELICES LECTURAS