viernes, 2 de abril de 2021

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

  Para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil, xornada que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen o día 2 de abrilIBBY (International Board On Books For Young People) publica a nivel internacional unha mensaxe e un cartel que no ano 2021 correspondeu á sección de Estados Unidos de Norteamérica. O ilustrador brasileiro Roger Mello e a escritora de orixe cubano Margarita Engle recibiron o encargo, da sección estadounidense do IBBY, de poñer a imaxe e as palabras da celebración.


PINCHADE NA IMAXE PARA ACCEDER Á MENSAXE



As seccións que forman a OEPLI, entre as que GÁLIX representa ao ámbito lingüístico galego, decidiron realizar un vídeo conxunto coa participación de persoas de diferentes idades e sectores e da Directora Xeral do Libro e Fomento da Lectura. A representación galega está formada por Cibrán García, membro da banda de trap Boyanka Kostova e Paula Cañas Freire, gañadora, na categoría de Lectorado inicial, do concurso do Día Internacional do Libro Infantil (DILI) do ano 2020, "Un poema na túa voz".




Polo Día Internacional do Libro Infantil GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) convoca o concurso EU SON...! Se tendes entre 6 e 14 anos podedes participar cun vídeo de menos de 1 minuto representando ao ou á personaxe preferida da literatura galega. nas nosas RRSS. Podedes consultar as bases premendo na imaxe.Animadevos e enviadenolo tamén a biblioanxo@gmail.com



FELICES LECTURAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario