jueves, 22 de diciembre de 2022

BO NADAL


 

A árbore dos desexos ESCRITOS

Para desexar un bo Nadal e un próspero 2023, o alumnado escribiu unha mensaxe nunha botella para construir esta árbore e  intercambiar cos compañeir@s.


As mensaxes estan escritas sobre folla de libros de expurgo tintada para darlle a cor verde das árbores.




















Un Nadal de Lecturas

 ...unha pequena idea para incluir nas vosas cartas aos Reis, Papa Noel, Apalpador.....ou para regalar..






Concurso de Postais: postal ganadora

Esta é a postal realizada por Noemí López Ramos, de 5º de Primaria B, ganadora do Concurso de Nadal.

Noraboa á ganadora!!

 

miércoles, 14 de diciembre de 2022

viernes, 9 de diciembre de 2022

Nadal Solidario 2022


Escribir ..... microrelatos coa Palabra do Mes

Dende hai varios anos o EDLG do centro promove a actividade a "Palabra do mes" na que o alumnado aporta unha palabra en galego, escollese dentro da aula, e logo vai a votación entre os profes membros do Equipo,
Dende o curso pasado construimos un SCRABBLE con estas palabras, pero este ano, aproveitando o lema das Bibliotecas Escolares, quixemos "EMPREGAR" esas palabras, promovendo a escrita de microrrelatos.



Estes publicanse na cortiza do EDLG




 

miércoles, 30 de noviembre de 2022

viernes, 25 de noviembre de 2022

Carreira Solidaria e contra a Violencia de Xénero

Celebramos a cuarta edición da carreira Quilómetros de Solidariedade promovida pola ONG Save the Children e que este ano pretende recadar fondos para aportar ó Fondo de Emerxencia Internacional usado para axudar a nenos/as e as súas familias es situacións críticas por diversos motivos como poidan ser conflitos bélicos nos seus países de orixe.

Dende a biblioteca quixemos apoiar esta iniciativa traballando co alumnado de 6º de Primaria que "explicou" á comunidade educativa qué estabamos a conmemorar:

Desfrutamos dunha mañá soleada e a celebración da carreira transcurriu sen apenas imprevistos. Ademais, moitas familas estivechedes presentes para animar aos rapaces e rapazas durante as súas quendas de carreira facendo que o ambiente da actividade fose inmellorable.

Quixemos tamén sumarnos á iniciativa "Camiño ao respecto" contra a violencia de xénero e as 12:00 gardamos un minuto de silencio.

Pero a cousa non quedou aí xa que, un ano máis, o compromiso dos patrocinadores foi innegable como así reflexa a cantidade que entre todos recadamos e que xa fixemos chegar a "Save the Children". Por todo isto, pola vosa implicación e colaboración na actividade só podemos dicir "Moitísimas grazas!".
Deixamos a continuación o enlace a unha pequena montaxe con algunhas imaxes da Carreira:

martes, 22 de noviembre de 2022

Día da Música

Achegamonos aos instrumentos e pezas da musica tradicional galega da man dun grupo do noso barrio, IAR, que compartiron con nos este día da Musica

miércoles, 16 de noviembre de 2022

viernes, 28 de octubre de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están listas as mochilas viaxeiras para percorrer as casas do alumnado de cole e voltar cargadas de historias e experiencias.
DISFRUTADEAS MOITO!!