sábado, 10 de noviembre de 2012

Mejor Manolo

Estes días ven de publicarse unha nova entrega do simpático Manolito Gafotas, que xa é un adolescente e que prefire que o chamen Manolo. Fai once anos da última publicación sobre este personaxe, creado por Elvira Lindo, e que con moito humor tan ben reflexa a sociedade destes tempos. Se clicades na súa imaxe, poderedes ler o primeiro capítulo.
E, xa sabedes, se vos interesa pedideo para a biblioteca do cole.

martes, 23 de octubre de 2012

24 de outubro.Día da Biblioteca Escolar

A IASL, International Association of School Libraries, convoca anualmente no mes de outubro a conmemoración do Día Internacional da Biblioteca Escolar, como un xeito de facer visibles as bibliotecas nas súas comunidades educativas.O lema elexido para este ano é: "Biblioteca Escolar - acelerador de innovación".
Con motivo desta celebración a Consellería de Educación editou este cartaz tan orixinal,gústavos?

miércoles, 10 de octubre de 2012

Códice Calixtino

O Códice Calixtino é un conxunto de textos reunidos en Santiago de Compostela nos anos finais do arcebispado de Diego Xelmírez e que se presentaba como da autoría do Papa Calisto II. O exemplar máis antigo, datado entre 1150 e 1160, consérvase na Catedral de Santiago de Compostela e é copia dun exemplar modelo. Parte do manuscrito traduciuse ao galego no primeiro terzo do século XV, coñecido como Miragres de Santiago, recolle partes da Guía do Peregrino. O exemplar máis vello foi roubado da catedral de Santiago de Compostela en xullo de 2011. O martes, día 5 de xullo foi cando os responsables do libro se decataron da súa falta. Foi recuperado un ano despois en bo estado de conservación.

sábado, 9 de junio de 2012

Máis teatro

Ola de novo: Aquí tedes unhas fotos da representación da obra de teatro de 4º.Todo o colexio foi pasando polo Salón de actos e comprobando a calidade destes artistas e o traballo da súa profe.A representación rematou en baile, como todas as festas... Moitas grazas a todos ,noraboa e ánimo para repetir a experiencia en vindeiras ocasións. A Princesiña de 4º on PhotoPeach

martes, 22 de mayo de 2012

Teatro 3º

Ola de novo: Como parte da celebración das Letras Galegas o pasado venres os nenos de 3ºde Ed. Primaria, representaron unha obra de teatro "Festa no Xardín" que prepararan coa súa titora e que nos encantou a todos.Aquí tedes unha montaxe de fotos, para recordala. Festa no xardín on PhotoPeach

domingo, 20 de mayo de 2012

O conto de Ed. Infantil (4 anos)

Ola a todos: Este é un conto que fixeron os nenos de 4 anos do noso cole.Esperamos que vos guste moito.

viernes, 11 de mayo de 2012

Lectura con títeres

Ola!
Aquí tedes unhas fotos das lecturas con títeres que os rapaces de sexto prepararon coa súa titora e que leron aos seus compañeiros de Ed. Infantil, con moito éxito por certo. Moitas grazas a todos, aos lectores polo seu traballo e á atenta e agradecida audiencia.



Lectura con títeres on PhotoPeach

miércoles, 2 de mayo de 2012

Contos

Ola a todos:Este conto  foi escrito e debuxado polos nenos de Ed. Infantil (5 anos).





                                                  


domingo, 22 de abril de 2012

Día Internacional do Libro

         Aquí vos presentamos algunhas curiosidades sobre os libros e a celebración do seu Día.
         Un "libro" é un conxunto de papeis impresos que foron encuadernados. As follas poden estar cosidas ou estar pegadas ao lombo, que a súa vez está unido a unhas tapas. Una vez levantada a tapa dianteira, en xeral, un libro consta da garda (unha páxina en branco, que en ocasións é máis grosa que as demáis), a portadilla (onde figura o título da obra),a portada (onde aparecen o título, o autor e a editorial), a dedicatoria, o índice (aínda que ás veces pode estar ao final) e, en caso de telo, o prólogo.
       O día 23 de abril celebrase o Día mundial do Libro, e como o seu nome indica é en todo o mundo. Esta festividade celébrase desde o ano 1926.Escolleuse este día porque coincide cóa morte de Miguel de Cervantes e William Shaskespeare, dous dos máis grandes da Literatura Universal. O costume de adicar ese día á festa do libro foise extendendo desde España ata outros países. E é no ano 1964 cando queda instituido oficialmente o día 23 de abril como Día internacional del Libro.
        O día 23 de abril tamén se entrega en Madrid o Premio Cervantes .Este premio distingue a obra global dun autor en lengua castellana.Concedeo anualmente o Ministerio de Cultura de España, a proposta da Real Academia de la Lengua de España e dos demáis países de fala hispana.Foi instituído en 1976 e é considerado o galardón máis importante en lingua castellana.
        Cada ano, desde 2001 a UNESCO elixe unha capital mundial do libro.Este ano é Erevan en Armenia.A primeira capital mundial  do libro foi Madrid. O vindeiro ano 2013 esta honra correspóndelle a Bangkok (Tailandia).


martes, 10 de abril de 2012

Día Internacional do Libro Infantil



Este ano coincidiu coas vacacións de Semana Santa, pero agora que xa estamos de volta aproveitamos para lembrar esta importante data. "Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro" é o texto que Francisco Hinojosa, poeta, dramaturgo, narrador, editor e ensaísta mexicano, cedeu á IBBY para a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil 2012. Cada ano, a International Board on Books for Young People encarga a unha das súas seccións a edicíón do cartel conmemorativo deste día no que se lembra o nacemento de Hans Christian Andersen. Nesta ocasión foi a sección Mexicana quen acolleu esta iniciativa. Pinchade no título se queredes  ler o conto.

sábado, 10 de marzo de 2012

Día da muller

Onte na hora do recreo aproveitamos para ler uns libros sobre mulleres emprendedoras.Ambos libros son novidades na nosa biblioteca.Resultou moi entretido.Douse a casualidade de que a audiencia era maioritariamente feminina.Gracias ás lectoras pola súa colaboración e disposición a participar sempre en todo o que propoñemos.


viernes, 9 de marzo de 2012

Pinocho

Hoxe unhas nenas de 6º fixeron unha lectura dramatizada do conto "Pinocho no era el mentiroso".Esta actividade foi na biblioteca, e precísabase invitación para asistir.Repetirémola porque foi un éxito.Moitas grazas!ás lectoras e tamén ao público que estivo moi atento.!!

Pinocho no era el mentiroso on PhotoPeach

Bases Certame literario "Emilia García Barreiro".


Bases Certame Literario “Emilia García Barreiro”.

  1. MODALIDADES.
·     Conto ilustrado.
·     Poesía.
·     Cómic.
·     Narrativa.

  1. TEMAS.
Os temas a tratar nos traballos serán libres e redactados en lingua galega.

  1. EXTENSIÓN.
Os traballos presentados non poderán exceder das 3 páxinas, agás o conto ilustrado.

  1. PARTICIPACIÓN.
Poderán participar neste certame todos os alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Anxo da Garda.

  1. MODO DE PRESENTACIÓN.
Tódalas obras deberán ser presentadas nun sobre pechado, recollendo todos os traballos de ciclo, polo que se encargarán os coordinadores. Noutro sobre deben aparecer os autores e a obra que presentan, para garantir a súa confidencialidade. Polo tanto, as obras non poden ir asinados, aínda que si con un pseudónimo.

  1. LUGAR E DATA DE PRESENTACIÓN.
As distintas obras deben ser entregadas na semana do 23 ao 27 de Abril aos coordinadores dos distintos ciclos.

  1. PREMIOS.
1º premio: Diploma, libro ou material didáctico e publicación da súa obra na revista escolar.
2º premio: Diploma e libro ou material didáctico.
3º premio: Diploma e libro ou material didáctico.


O feito de participar no certame presupón a aceptación das presentes bases.

martes, 14 de febrero de 2012

Entroido

Ola, de novo:
Xa estamos de cheo metidos no Entroido.Pinchade na imaxe e atoparedes moita información,imaxes,máscaras,etc. Esperamos que vos guste.

martes, 7 de febrero de 2012

Charles Dickens


Hoxe fai dous séculos que naceu Charles Dickens en Porsthmouth (Inglaterra).Obteredes información sobre a súa vida e a súa obra, premendo no seu nome.Charles Dickens

lunes, 30 de enero de 2012

Benvida





Ola:
Hoxe arranca este biblioanxo, para mantervos informados do que acontece na biblioteca.Estas fotos son das lecturas  de Nadal, que tanto éxito tiveran.Lembradelas?

A Casa encantada


A CASA ENCANTADA (Oposicións a bruxa)
Era a hora de cear. A nai de Dani fíxolle sopa de letras.
Na primeira cullerada que Dani levou á boca apareceron catro letras frotando que facían a palabra HOLA. Que sorpresa!

Cando ía comer a segunda cullerada descubriu con abraio que as letras dicían: “Para quen o lea”.

Coa boca aberta, Dani mirou ao prato. Todas as letras empezaron a nadar dun lado a outro.  Pelexaban para coller os mellores sitios. Moitas delas fuxiron a nado cara os bordes do prato. Despois ficaron todas quedas. E no centro do círculo de sopa quedou escrita unha advertencia: “Ollo! Non me comas, senón heime dedicar a escribir palabrotas dentro da túa barriga”.

Dani, moi alarmado, foi ao cuarto de baño, verteu o prato de sopa no váter e tirou da cadea.

Cando voltou á mesa, súa nai trouxolle un ovo frito con patacas. De súpeto, o ovo realizou un espectacular despegue en vertical, case se estrela contra a lámpada. Logo empezou a dar voltas e voltas.

-Parece un pratiño voante! – exclamou Dani.

Resultaba precioso: a xema parecía a cabina dourada dun ovni; a clara era o disco con bordes de escuma rubia.

 
De repente, sentiu medo, sentiu que unha forza misteriosa rondaba arredor del. A súa primeira intención foi escapar á rúa. Mais, ó cruzar o corredor viu con sorpresa, como o seu paraguas saía do paragúeiro. Caeu no chan e abreu as variñas. A continuación, quitou a bailar á sombrilla de súa nai e comenzaron un vals.

Dani quedou totalmente desconcertado e pensou:

-Padecerei alucinacións? Estarei a soñar? Ou serán consecuencias da gripe que acabo de pasar? Estou vendo visións. Necesito unha ducha para despexarme.

Meteuse na ducha, pero os chorros de auga empezaron saír en tódalas direccións menos na súa.
-Estoume volvendo tolo! – dixo Dani.

Cando xa se daba por vencido, unha esponxa enchoupada lanzouse sobre o seu peito, frotándollo con forza. O xabrón apresurouse a enxabronarlle os sobacos. A manopla lavoulle a cara. O peite restreloulle o pelo. E as toallas abalanzáronse a secalo. Ó parecer empeñábanse todos en asealo.

De repente, deulles por xogar. A manopla plantoulle un par de labazadas. O peite fíxolle cóxegas nos sobacos. O rolo de papel empezouse a  desenrolar como unha serpe e foise enroscando arredor do corpo de Dani, mesmo parecía unha momia exipcia. E as toallas disfrazárono de indio. Entón oiuse un asubio. Todos volveron aos seus postos.
Saiu do cuarto de baño e oiu un taconeo nun recuncho. Correu ao seu dormitorio, pero a porta estaba pechada. Dentro soaba unha música pegadiza. Cando conseguiu entrar viu como a súa cama voltaba ao seu sitio; a luz e a radio estaban encendidas. A parede estaba chea de pósters dos seus cantantes favoritos, e baixo deles estaban os seus zapatos, as botas de chuvia e as zapatillas deportivas. E eran os zapatos novos os que taconeaban ao ritmo da música. Tamén as sabas xe puxeron a danzar coma pantasmas. As tesoiras xiraban sobre a punta do pé. E a papeleira púxose boca abaixo a tocar o tambor con dous rotuladores.
Dani estaba completamente asombrado.
-Isto parece cousa de bruxas! A casa enteira está encantada, coma nos contos! – exclamou.
Rañou a cabeza e preguntouse:
-Que máis cousas poderán suceder? Porase a bailar a casa enteira? Sairanme a min unhas ás de morcego?
E, cando máis libremente deixou voar a imaxinación, ocorreu o único que xamais podería imaxinar.
-Toc, toc, toc – chamaban na fiestra.
-Queee? Que cousa máis incrible! Pero se estamos nun sétimo andar! Non pode ser, non pode ser. Estoume virando tolo.
Pero unha vez máis, volveron petar na fiestra. Achegouse a ela e abriuna.
Unha nena montada nunha vasoira entrou pola fiestra

                                                                         ANDREA CASTAÑEDA - 3º