O noso cole forma parte da Rede Espora, unha iniciativa que promove a comunicación comunitaria a través da radio como ferramenta educativa e social. Grazas a esta colaboración, temos a oportunidade de participar en actividades que fomentan a creatividade, a expresión oral e o traballo en equipo.
A Rede Espora é unha asociación que impulsa a comunicación participativa mediante a radio, ofrecendo espazos de expresión libre e fomentando o pensamento crítico. O seu obxectivo principal é dar voz ás persoas e colectivos, especialmente no ámbito educativo e social.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha formación impartida pola Rede Espora, na que se achegaron ao mundo da radio. A actividade comezou cunha charla xeral introdutoria para todo o grupo, na que descubriron como funciona unha emisora e os pasos para crear un programa. A continuación, traballaron en pequenos grupos ao longo de dous días, elaborando contidos, manexando os equipos e desenvolvendo as súas habilidades comunicativas. Foi unha experiencia enriquecedora que lles permitiu experimentar de primeira man o poder da palabra e da colaboración.
Agora só queda comezar a fedellar na radio e crear os nosos Podcast!
Seguimos :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario