viernes, 1 de abril de 2022

EmocionArte : MES DO LIBRO

Na nosa cidade temos a sorte de contar cun Monumento ao Libro e aos seus creadores. Foi creado en 1976 por Manuel García, "Buciños",  encargado polos libreiros, al artista los libreros, que  celebraban o seu quinto congreso nacional na Coruña, e foi o primeiro no mundo, segundo a consulta que se lle fixo á Unesco. 
Está nos Xardíns de Mendez Nuñez, fronte ao edificio de La Terraza e representa unha familia (home, muller e neno) gozando coa lectura.
 As tres figuras son de bronce e forman unha mesma peza que se apoia sobre un pedestal de granito. A sinatura do autor aparece gravada no libro que suxeita o home: "Buciños, xuño 1976".



Neste MES DOS LIBROS, Olliños quere propoñervos dous retos:

1. Busquemos monumentos adicados ao libro e a lectura e fagamos un album

PINCHADE AQUI

2. Recreade a obra facendo unha foto da vosa familia lendo e enviadea a biblioanxo@gmail.com  para facer a nosa galería


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario