domingo, 4 de marzo de 2018

DÍA DE ROSALÍA 2018 #AbrideAfiestra



Durante a semana do 19 ao 24 de febreiro conmemoramos, un ano máis, o Día de Rosalía de Castro.

Nas aulas, traballouse a faceta literaria desta gran autora.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, baixo o lema #AbrideAfiestra, propoñía que cada aula elaborase, nun soporte que permitise penduralo na fiestra, algún elemento iconográfico de Rosalía ou transcribir algún dos seus versos para lles dar luz dende as fiestras. E así o fixemos!
      
 

Na materia de Arts&Crafts o alumnado elaborou unha fiestra cuns versos de Rosalía pola que pasaron todos os alumnos e alumnas para colaborar coa difusión deste día.







Aquí vos deixamos un vídeo no que se recolle todo o traballo feito.



 Non o esquezades: Abride a fiestra!


O Equipo de DLG e Biblioteca

No hay comentarios:

Publicar un comentario