martes, 4 de febrero de 2025

CONTACONTOS EN FAMILIAS

 



Ao longo do curso, estamos a vivir unha actividade moi especial no cole. As familias están a chegar ás aulas de infantil para contar contos aos nosos pequenos e pequenas. Esta iniciativa está sendo todo un éxito, creando momentos cheos de emoción e aprendizaxe compartida. Os nenos e nenas gozan das historias contadas por aquelas persoas que forman parte da súa vida diaria, facendo da lectura unha experiencia aínda máis cercana e especial.

A participación das familias está a ser fundamental para motivar ao alumnado e para reforzar o vínculo entre a escola e o fogar. Cada conto é unha oportunidade para fomentar a imaxinación, a atención e o amor pola lectura, e estamos emocionados de ver como cada relato se converte nun momento máxico para todos. Agradecemos enormemente ás familias por sumarse a esta bonita actividade que sen dúbida deixará pegada nos nosos rapaces e rapazas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario