O equipo de biblioteca está traballando a reo para mellorar a nosa biblioteca e facela máis funcional e acolledora para todo o alumnado. Recentemente, fixemos unha saída a Ikea para realizar unha serie de mercas que nos permitan poñer a punto o espazo e mellorar a experiencia de todos os usuarios. A través desta compra, conseguimos mobiliario práctico e moderno que axudará a optimizar o uso do espazo, favorecendo tanto a organización dos libros coma a creación de zonas máis cómodas e atractivas para a lectura.
Este traballo en equipo non só busca renovar a biblioteca, senón tamén facer dela un lugar máis agradable e accesible onde os nenos e nenas poidan disfrutar da lectura e aprender de maneira amable e cómoda. Estamos emocionados con todos os cambios que estamos facendo e convencidos de que mellorarán moito a experiencia na nosa biblioteca.
Agradecemos todo o esforzo e implicación do equipo de biblio, que traballa sen descanso para que este espazo sexa cada vez mellor.
Seguimos traballando para crear un ambiente ideal para o fomento da lectura!
No hay comentarios:
Publicar un comentario