Como xa sabedes, a nosa biblio está temporalmente pechada por reformas, pero iso non impediu que continuáramos a fomentar a lectura e a creatividade entre o noso alumnado. Para que os rapaces e rapazas non perdesen a oportunidade de disfrutar das actividades que normalmente temos na biblioteca, decidimos organizar unha exposición nos corredores do cole ambientada no outono e no Samaín.
Durante unha semana, os corredores convertíronse nun espazo onde o alumnado puido gozar (ou non jeje) de contos de medo, lendas populares, xogos de mesa e material manipulativo que nos transportaba ao espírito da estación e da festividade. Desde a decoración das paredes, con árbores de outono e cabazas, ata os libros que contaban historias de bruxas, pantasmas e seres propios da época, todo estaba coidado ao detalle.
A exposición tamén incluíu xogos de mesa temáticos e materiais para que os nenos e nenas poideran interactuar, creando escenas e xogando a resolver enigmas relacionados co Samaín. Os rapaces máis pequenos tiñan á súa disposición xogos de manipulación e construción que lles permitían dar rienda solta á súa imaxinación e aprender mentres se divertían.
Desde a Biblioanxo, seguimos apostando por crear espazos dinámicos e atractivos para que os nosos rapaces e rapazas vivan a lectura como unha experiencia divertida e enriquecedora. E, por suposto, esperamos poder abrir a nosa biblioteca de novo ben pronto para seguir desfrutando de todas as marabillas que nos ofrece o mundo dos libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario