jueves, 31 de octubre de 2024

EXPOSICIÓN DE CAIXAS TERRORÍFICAS

 



No cole, o Samaín deste ano foi unha verdadeira festa de imaxinación e traballo en equipo, grazas á participación das nosas familias e alumnado na proposta do Equipo de Dinamización da Lingua e do Equipo de Biblioteca. O reto era claro: deixar voar a creatividade e, ao mesmo tempo, traballar de maneira responsable co medio ambiente, reciclándoo e reutilizándoo para crear obxectos e decorados temáticos para esta festividade.

A nosa comunidade educativa respondeu con entusiasmo e moita enerxía a esta iniciativa. Grazas ao esforzo e á implicación de todas as familias e os alumnos e alumnas, conseguimos transformar simples caixas de cartón en auténticas obras de arte. Desde calabazas terroríficas ata pantasmas e bruxas, as propostas foron tan variadas como creativas, e cada traballo foi único. Non só conseguimos reciclar, senón que tamén aprendemos a dar unha nova vida aos materiais, demostrando que a imaxinación non ten límites.

A colaboración entre familias e nenos e nenas foi fundamental para que esta actividade fose un éxito. Vimos como cada cociña, cada salón e cada casa se convertía nun pequeno taller onde a maxia do Samaín tomaba forma. O traballo en equipo tamén se reflectiu na decoración do centro, que este ano estivo repleta de orixinais creacions feitas a partir de materiais reutilizados, engadindo un toque moi especial á nosa festa.

Queremos agradecer sinceramente a todas as familias e, por suposto, aos nosos rapaces e rapazas pola súa ilusión, dedicación e participación. A vosa creatividade foi fundamental para facer do Samaín deste ano unha celebración incrible, que quedará gravada na memoria de todos nós.

Continuamos traballando para fomentar valores como a responsabilidade ambiental e a creatividade no noso cole, e este tipo de actividades son un exemplo perfecto de como podemos aprender e divertirnos ao mesmo tempo.

Moitas grazas a todos e todas por facer posible que este Samaín sexa, un ano máis, unha festa inesquecible no cole!

lunes, 28 de octubre de 2024

CHEGA O OUTONO E O SAMAÍN AO COLE!

 



Como xa sabedes, a nosa biblio está temporalmente pechada por reformas, pero iso non impediu que continuáramos a fomentar a lectura e a creatividade entre o noso alumnado. Para que os rapaces e rapazas non perdesen a oportunidade de disfrutar das actividades que normalmente temos na biblioteca, decidimos organizar unha exposición nos corredores do cole ambientada no outono e no Samaín.

Durante unha semana, os corredores convertíronse nun espazo onde o alumnado puido gozar (ou non jeje) de contos de medo, lendas populares, xogos de mesa e material manipulativo que nos transportaba ao espírito da estación e da festividade. Desde a decoración das paredes, con árbores de outono e cabazas, ata os libros que contaban historias de bruxas, pantasmas e seres propios da época, todo estaba coidado ao detalle.

A exposición tamén incluíu xogos de mesa temáticos e materiais para que os nenos e nenas poideran interactuar, creando escenas e xogando a resolver enigmas relacionados co Samaín. Os rapaces máis pequenos tiñan á súa disposición xogos de manipulación e construción que lles permitían dar rienda solta á súa imaxinación e aprender mentres se divertían.

Desde a Biblioanxo, seguimos apostando por crear espazos dinámicos e atractivos para que os nosos rapaces e rapazas vivan a lectura como unha experiencia divertida e enriquecedora. E, por suposto, esperamos poder abrir a nosa biblioteca de novo ben pronto para seguir desfrutando de todas as marabillas que nos ofrece o mundo dos libros.

viernes, 4 de octubre de 2024

VISÍTANNOS MARÍA PITA E O PIRATA DRAKE! A CORUÑA AGÁRDATE

 


Nestes días tivemos unha visita moi especial e inesperada! No marco do proxecto que estamos levando a cabo sobre a nosa cidade, A Coruña, viñeron do pasado María Pita e o Pirata Drake para contarnos a súa historia e a pedirnos axuda.

Nos próximos días, o alumnado terá que facer unha busca do tesouro polo cole para descubrir o nome do proxecto que imos levar a cabo ao longo deste curso.

Esta iniciativa foi promovida polo equipo de biblio do cole, buscando que sexa un eixo vertebrador da vida no centro, sendo así un esta actividade parte dun proxecto documental integrado.

Quen teña honra que me siga!

miércoles, 11 de septiembre de 2024

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

 



Este mes de setembro, a nosa biblioteca experimentará unha transformación que agardamos mellorará significativamente o espazo de lectura, xogo e gozo, buscando un ambiente máis moderno, funcional e atractivo para todos.

Ao longo do primeiro trimestre, realizaremos varias melloras clave que cambiarán a imaxe da nosa biblioteca. En primeiro lugar, renovaremos o chan, instalando tarima de PVC que garanta a máxima comodidade. Tamén nos centramos na renovación estética das paredes, que serán pintadas cunha nova capa de pintura para crear un ambiente máis luminoso e inspirador. Queremos que a biblioteca non só sexa un espazo de aprendizaxe, senón tamén un lugar agradable onde tanto o alumnado, as mestras/es e fas familias se sintan cómodos e motivados.

Outra das accións que levaremos a cabo será a realización de tarefas de expurgo no fondo bibliográfico. Durante este proceso, retiraremos aqueles libros que xa non se atopan en bo estado ou que están desactualizados, facendo espazo para novos materiais que serán máis útiles para a comunidade educativa. Co fin de mellorar a xestión e accesibilidade dos nosos recursos, tamén trasladaremos todos os libros á base de datos Koha, un sistema de xestión bibliotecaria que permitirá organizar e catalogar de maneira máis eficiente os libros e materiais dispoñibles. A partir de agora, será moito máis fácil para o alumnado e o profesorado acceder aos libros e recursos de maneira rápida e ordenada.

Pero non só se trata dunha mellora física. Tamén estamos a planificar unha serie de actividades para dinamizar a biblioteca e aproveitar ao máximo os novos espazos. Ao longo do primeiro trimestre, organizaremos exposicións e actividades culturais en diferentes espazos da biblioteca, para que tanto o alumnado como as familias poidan disfrutar de experiencias enriquecedoras relacionadas co mundo dos libros e a lectura. Queremos que a nosa biblioteca sexa un lugar vivo, de encontro e de creatividade, que inspire a ler e a aprender de forma divertida e participativa.

Esta reforma na nosa biblioteca é só o comezo dun proxecto máis amplo de mellora e actualización dos recursos educativos do centro. Cremos que un espazo de lectura renovado e ben organizado é fundamental para o proceso de aprendizaxe dos nosos alumnos e alumnas, e estamos seguros de que este investimento terá un impacto positivo na súa motivación e no seu rendemento académico.

Agradecemos a toda a comunidade educativa pola súa comprensión e apoio durante este proceso de reformas. Estamos emocionados por ver como a nosa biblioteca se converterá nun espazo máis moderno e funcional, onde tanto grandes como pequenos poidan disfrutar da lectura e do coñecemento.

Seguimos traballando para facer da nosa biblioteca un lugar mellor para aprender, soñar e crecer.

lunes, 24 de junio de 2024

TALLER LITERARIO

 O alumnado de 4º de Primaria levou a cabo, durante todo o curso un taller literario, no que elaboran unha historia cunha serie de condiciones (ubicaciones, personajes e obxectos) que todo conto debe cumplir.





Estas son algunhas das creacións:














 














viernes, 7 de junio de 2024

Visita David Rodriguez

O alumnado de 1º e 2º ciclo de Primaria recibiu a visita de David Rodriguez, que nos falou do seu libro SuperAvoa, cantounos e tamén nos contou a historia do seu amigo, recentemente falecido, O HEMATOCRÍTICO