martes, 22 de junio de 2021

ROBÓTICA NO CAMIÑO

Durante o terceiro trimestre o alumnado dos grupos de 4º e 6º de Enriquecemento Curricular deseñaron unha serie de xogos e actividades con algúns dos robots dos que dispoñemos no colexio. Todas estas actividades estaban ademais relacionadas co Camiño de Santiago, tema que estivemos a traballar en todo o centro ao longo deste curso.

Unha vez que estas actividades foron deseñadas tocaba que o resto do alumnado do colexio puidese desfrutar delas. A idea inicial era que este alumnado de Enriquecemento Curricular exercese de mestres co resto da rapazada de Infantil e Primaria, pero debido ás limitacións impostas polo Protocolo COVID só puideron desempeñar este rol cos nenos e nenas dos seus respectivos grupos. Co resto do alumnado os mestres tivemos que encargarnos de transmitir e explicar ditos xogos.

Aquí deixamos un vídeo ca explicación das actividades deseñadas para cada robot e con algunhas fotos do desenvolvemento das mesmas.

DÁNDOLLE VALOR Ó “STOP MOTION”

 Durante o terceiro trimestre, nenos e nenas de 4º Primaria nas clases de “Valores Sociais e Cívicos” tiveron que traballar en equipo para elaborar tres pequenas historias usando a técnica “Stop Motion”. Esta técnica consiste en captar fotos de obxectos e figuras en distintas posicións de xeito que ao unilas e convertelas nun vídeo estes elementos parezan “cobrar vida”.

Para a elaboración deste vídeos establecemos varias fases de traballo dentro de cada un dos tres grupos formados:

1. Toma de decisións sobre a temática do vídeo e o valor ao que lle queríamos dar protagonismo.

2. Elección da narrativa e dos personaxes.

3. Elaboración de personaxes, escenarios e elementos decorativos.

4. Captación de imaxes para a realización do “Stop Motion”.


O resultado final foron tres vídeos:

- “Black City”: Historia que pretende concienciar acerca da importancia de coidar o medio ambiente.

- “A galiña triste”: Este vídeo resalta importancia de respectar as diferencias e axudar aos compañeiros/as que o necesiten.

- “Bullying at school”: Trátase o tema do acoso na escola e a importancia de intervir se observamos unha acción deste tipo.


Neste vídeo podedes ver as tres historias. Esperamos que vos gusten!