martes, 10 de abril de 2018

CADRO DE VOLUNTARIOS DA TERCEIRA AVALIACIÓN


Como cada avaliación, renóvanse os voluntarios de BiblioAnxo. Aquí podedes consultar a quen lle toca cada día.

Están esperando vervos pola biblioteca e axudarvos con calquera dúbida.

lunes, 2 de abril de 2018

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Hoxe, 2 de abril, celébrase o día da Literatura Infantil, pero tamén se celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

No noso centro temos varios nenos que iluminan o noso día a día de azul; por iso quixemos aproveitar a literatura infantil para darlle visibilidade ao autismo neste día.

Realizouse, en colaboración co Departamento de Orientación e o EDLG, unha exposición dedicada ao autismo, baixo o lema "Rompamos xuntos barreiras polo autismo e fagamos unha sociedade accesible".

Nesta exposición incluíronse tanto libros adaptados a pictogramas como obras literarias con personaxes con autismo como protagonistas.


Dende o grupo de 6º de primaria realizáronse varias actividades destinadas a iluminar de azul este día, pódedes velas no blog Anxopictogramas.

E lembrade: entre todos podemos romper xuntos barreiras e construir unha sociedade máis accesible.

Ilumínao de azul #LIUB!


martes, 27 de marzo de 2018

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro. 
Os símbolos pictográficos utilizados son propiedade de CATEDU (http://catedu.es/arasaac/) baixo licenza Creative Commons 
e creados por Sergio Palao. CEIP Plurilingüe Anxo da Garda. A Coruña.

Varios eventos teatrais nacionais e internacionais son organizados para conmemorar esta ocasión. Un dos máis importantes é a circulación da mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro a través da cal, por invitación do Instituto Internacional de Teatro (ITI), unha figura de talle mundial comparte as súas reflexións.

Este ano correpóndelle a Sabina Berman, escritora e periodista mexicana. Aquí podedes ler o seu manifesto.

Aproveitade este día para "rescatar" dos vosos estantes os libros de teatro.

Boas lecturas!

miércoles, 21 de marzo de 2018

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Para conmemorar o día mundial da poesía varios voluntarios de BiblioAnxo e outros alumnos e alumnas do centro, gravaron as súas voces recitando poemas de diversos autores. 

Estas gravacións compartímolas con todo o centro e a contorna a través dunhas tarxetas cun código Qr.





Tamén podedes acceder a estes poemas a través dos seguintes enlaces:


1.- A casa é de bicos de Xosé Luna Sanmartín. (Birtukan, Marian e Martín 2. º)
2.- Adiós ríos, adiós fontes de  Rosalía de Castro. (Hugo 5. º)
3.- A lúa de Antonio García Teijeiro. (Sabela T 5. º)
4.- A túa risa noviña de Aquilino Iglesia Alvariño. (Nahiara 5. º)
5.- As estacións de Carlos Fontes. (Javier 3. º)
6.- Bicando, bicando de Xosé Luna Sanmartín. (Mateo 3. º)
7.- Cando caen as follas de Antonio García Teijeiro. (Helena 5. º)
8.- Canta o cuco de Uxío Novoneira. (Daniela 5. º)
9.- Cantarolas de Xosé Neira Vilas. (Alma 5. º)
10.- El vendedor de piñas de Juan Rejano. (Samantha 5. º)
11.- Elexías de luz (fragmento) de María Victoria Moreno. (Manuel Liñares 6. º)
12.- Elexías de luz (fragmento) de María Victoria Moreno. (Aula de 3 anos)
13.- Estaciones  de Antonio Rubio. (Verónica 5. º)
14.- La dama y su blanca flor de Antonio Machado. (Carla 5. º)
15.- Lueiro de papel  de Antonio García Teijeiro. (Valentina 5. º)
16.- Nombres vegetales de Antonio Rubio. (Sofía 5. º)
17.- O meu avó  de Xoán Neira. (Ian 5. º)
18.- O meu corazón de Aquelino Iglesias Alvariño. (Noa 5. º)
19.- Partes de una historia de Antonio Rubio. (Elisa 5. º)
20.- Por casualidad  de Tomás de Iriarte. (Xabi 5. º)
21.- Rama de olivo de Blas de Otero. (Noelia 5. º)
22.- Roseira do teu mencer de Xosé María Álvarez Blázquez. (Joan 5. º)
23.- Poema tradicional. (Sabela P. 5. º)
24.- Todo está en su lugar de Gloria Fuertes. (Fredelin 4. º)
25.- Xan Pericán (tradicional). (Rubén 5. º)
26.- En el país de Nomeacuerdo de María Elena Walsh. (Santiago 2. º)

Esperamos que vos gusten!

domingo, 18 de marzo de 2018

TODOS OS DÍAS SON 8 DE MARZO

Baixo este lema traballouse o día da muller traballadora no noso centro.
Realizouse unha exposición de libros relacionados con esta temática, onde se poden atopar biografías ou relatos de ficción inspirados en mulleres relevantes na historia.




Ademais, todo o centro participou na elaboración dunha liña de tempo composta de carteis nos que se representan mulleres que deixaron unha gran pegada na nosa historia. Aquí podedes velo:



Boas lecturas!