viernes, 21 de marzo de 2025

CHEGOU A PRIMAVERA

 


A primavera chegou, e para celebralo, combinamos diferentes propostas na nosa biblioteca (como está pechada, sacamos os contos as aulas) que permitiron ao alumnado aprender de maneira divertida e dinámica. As aulas mergulláronse nunha selección de contos de narrativa inspirados na natureza, que transmitiron a maxia da estación máis florida do ano. Ademais, incluímos libros informativos sobre o mundo natural, para que os rapaces e rapazas puideran descubrir os segredos da flora e fauna que xorden con forza nesta época.

Pero iso non foi todo! Tamén montamos dúas bandexas Playtray cheas de materiais e actividades de experimentación relacionados coa primavera. Os nenos e nenas tivo a oportunidade de explorar conceptos como a medição de crecemento das plantas, observar as transformacións nas estacións ou descubrir as propiedades da auga e do solo. A combinación de contos, lectura informativa e experimentos prendeu a curiosidade do alumnado, facendo que a primavera se convirtira nunha auténtica festa de aprendizaxe e descubrimentos no noso cole.

lunes, 10 de marzo de 2025

A BIBLIOTECA COMEZA A ENGALANARSE!



O equipo de biblioteca está traballando a reo para mellorar a nosa biblioteca e facela máis funcional e acolledora para todo o alumnado. Recentemente, fixemos unha saída a Ikea para realizar unha serie de mercas que nos permitan poñer a punto o espazo e mellorar a experiencia de todos os usuarios. A través desta compra, conseguimos mobiliario práctico e moderno que axudará a optimizar o uso do espazo, favorecendo tanto a organización dos libros coma a creación de zonas máis cómodas e atractivas para a lectura.

Este traballo en equipo non só busca renovar a biblioteca, senón tamén facer dela un lugar máis agradable e accesible onde os nenos e nenas poidan disfrutar da lectura e aprender de maneira amable e cómoda. Estamos emocionados con todos os cambios que estamos facendo e convencidos de que mellorarán moito a experiencia na nosa biblioteca. 

Agradecemos todo o esforzo e implicación do equipo de biblio, que traballa sen descanso para que este espazo sexa cada vez mellor. 

Seguimos traballando para crear un ambiente ideal para o fomento da lectura!

viernes, 7 de marzo de 2025

8M DÍA DA MULLER




 

Nestes días celebramos no cole e reivindicamos a forza, a valentía e a loita de todas as mulleres que forman parte da nosa comunidade educativa.

- As nosas alumnas, chegas de talento e futuro.

- As mestras, que educan con paixon e dedicacion.

- O persoal auxiliar coidador, que coida con agarimo e paciencia.

- O persoal non docente, que fai posible que todo funcione.

O equipo da biblioteca do CEIP preparou unha selección especial de libros para recomendar á nosa comunidade educativa. Estas recomendacións, centradas en promover a igualdade de xénero e visibilizar o papel das mulleres na historia e na literatura, foron compartidas co alumnado e as familias para fomentar a reflexión e o debate sobre temas de empoderamento, dereitos e igualdade. A través desta iniciativa, buscamos sensibilizar e promover a lectura de obras que inspiren e eduquen en valores de xustiza social e respectuoso trato entre todas as persoas. Ademais, engadimos algúns elementos propios desta conmemoración para que o mural poidese facer tamén de fotocol!

Xuntas facemos escolar, xuntas facemos historia!

"Matriarcas de mans fortes, corazons grandes... Matriarcas de mirada doce e loita arreo..." Guadi Galego

viernes, 21 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA


Nesta última semana, os versos de Rosalía encheron as aulas do Anxo e os nosos corazóns.

Aquí vos deixamos o mural que fixemos da man do EDLG e do equipo de biblio do cole, entre todas e todos na nosa lingua, da que asi falaba a propia Rosalía en "Cantares Gallegos".

Para o mural, cada un dos alumnos e alumnas do centro investigou sobre a obra de Rosalía e escolleron os seus versos favoritos para plasmalos no mural, facéndoo así entre todas e todos. Ademais, o equipo de biblioteca engadiu carteis con información e curiosidades sobre Rosalía. Por exemplo... sabíades que o aeroporto de Santiago de Compostela chámase Rosalía de Castro?

"Naquel dialecto soave e mimoso, que queren facer bárbaro, os que non saben que aventaxa ás demais linguas en doçura e armonía"

martes, 4 de febrero de 2025

CONTACONTOS EN FAMILIAS

 



Ao longo do curso, estamos a vivir unha actividade moi especial no cole. As familias están a chegar ás aulas de infantil para contar contos aos nosos pequenos e pequenas. Esta iniciativa está sendo todo un éxito, creando momentos cheos de emoción e aprendizaxe compartida. Os nenos e nenas gozan das historias contadas por aquelas persoas que forman parte da súa vida diaria, facendo da lectura unha experiencia aínda máis cercana e especial.

A participación das familias está a ser fundamental para motivar ao alumnado e para reforzar o vínculo entre a escola e o fogar. Cada conto é unha oportunidade para fomentar a imaxinación, a atención e o amor pola lectura, e estamos emocionados de ver como cada relato se converte nun momento máxico para todos. Agradecemos enormemente ás familias por sumarse a esta bonita actividade que sen dúbida deixará pegada nos nosos rapaces e rapazas.


miércoles, 22 de enero de 2025

CONTACONTOS INTERCICLOS: EXPERIENCIAS MÁXICAS DE CONTOS E COMUNICACIÓN

 




No cole, tivemos a sorte de vivir unha actividade moi interesante que uniu aos diferentes ciclos educativos do centro. O alumnado de segundo e terceiro ciclo de primaria tivo a oportunidade de compartir contos e historias co alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria. Esta actividade non só foi unha experiencia de aprendizaxe, senón tamén unha fermosa oportunidade para reforzar os lazos entre os distintos grupos de nenos e nenas do cole.

Un dos momentos máis especiais da xornada foi o conto contado por Anxo, un alumno do noso centro, quen utilizou o seu comunicador para contar unha historia. Anxo, cunha gran ilusión e grazas ao apoio do seu comunicador e de Marta e Paula, a súa PT e titora, logrou captar a toda a atención dos pequenos e pequenas. O seu conto, cargado de emoción e fantasía, fixo que todos os nenos e nenas quedaran totalmente absortos na súa narración. Foi un fermoso exemplo de como a comunicación pode superarse de maneiras sorprendentes e inclusivas, e un recordatorio de que as historias non teñen barreiras.

A actividade foi unha verdadeira celebración da lectura e da narración, onde todos os nenos e nenas se converteron en contadores de historias, facendo volar a súa imaxinación e transmitindo emocións a través das palabras. Os pequenos do infantil e do primeiro ciclo de primaria escoitaron con moita atención e participaron activamente nas historias, facendo preguntas e comentando as aventuras dos personaxes.

Queremos destacar a iniciativa e o compromiso do alumnado de segundo e terceiro ciclo, que se prepararon con moito entusiasmo para contar as súas historias e compartir ese momento máxico cos máis pequenos. A súa implicación foi un exemplo de colaboración e empatía, e a súa capacidade para transmitir emocións a través da palabra non deixou a ninguén indiferente.

Estamos moi orgullosos de ver como o noso alumnado se apoia mutuamente e compartimos a experiencia de aprender e crecer xuntos. A actividade de contacontos foi un verdadeiro éxito, e queremos agradecer á comunidade educativa do cole por facer posible estas fermosas iniciativas que fortalecen o noso espírito de colaboración e inclusión.

Seguiremos fomentando a lectura e a comunicación entre todos os ciclos, porque sabemos que estas experiencias son fundamentais para o crecemento e o desenvolvemento dos nosos rapaces e rapazas.

Grazas a todos e todas pola súa participación!


miércoles, 18 de diciembre de 2024

A NOSA BIBLIO EN OBRADOIROS SENSORIAIS

 



Parte dos fondos da nosa biblioteca, relacionados co Nadal, foron empregados para levar a cabo un obradoiro sensorial moi especial, organizado polo equipo de ciclo de Educación Infantil. A proposta, pensada para estimular os sentidos e fomentar a aprendizaxe a través da exploración, foi todo un éxito.

O obradoiro, que tivo lugar nas semanas previas ás vacacións de Nadal, permitiu ao alumnado de Infantil encherse de espírito festivo a través de actividades que implicaban os sentidos do tacto, a vista, o oído e o olfacto. O salón de actos do centro transformouse nun espazo onde os nenos e nenas puideron explorar materiais relacionados co Nadal, como árbores decoradas, libros de temática navideña e diferentes obxectos que lle daban vida ao ambiente.

A través destas actividades, o obxectivo era non só celebrar o Nadal de forma divertida e participativa, senón tamén axudar ao alumnado a desenvolver habilidades sensoriais e cognitivas. Os fondos da biblioteca que se destinaron para este obradoiro incluían libros relacionados co Nadal, que os nenos e nenas puideron explorar para mellorar a súa comprensión lectora, e materiais sensoriais, como texturas, aromas e sons propios das festividades. Todo iso permitiu que a actividade fose unha combinación de aprendizaxe e diversión, facendo que a biblioteca se convirtise nun verdadeiro espazo de celebración.

Este tipo de iniciativas demostra como a biblioteca non só serve como un lugar para a lectura, senón tamén como un espazo vivo onde se levan a cabo actividades que favorecen o desenvolvemento integral do alumnado. O obradoiro sensorial foi unha marabillosa oportunidade para que os máis pequenos descubrisen o Nadal de maneira activa, e tamén para que se creasen recordos inesquecibles vinculados ao mundo da lectura e do xogo.

Agradecemos ao equipo de ciclo de Educación Infantil a súa implicación e creatividade, e tamén ao alumnado que participou con tanta ilusión e entusiasmo. Este tipo de actividades son un exemplo claro de como a nosa biblioteca pode ser un punto de encontro para todas as idades, onde se promove o amor pola lectura e, ao mesmo tempo, se favorecen experiencias educativas únicas.

Seguiremos traballando para facer da nosa biblioteca un espazo onde todos, grandes e pequenos, poidan seguir gozando do Nadal e de moitas outras aventuras literarias e educativas.