lunes, 16 de marzo de 2020

RECURSOS PARA #QUEDARNACASA

Engadimos un dous novos bloques no blogue, KIOSCO, no que podedes acceder á prensa, e RECURSOS no que podedes atopar audiocontos, videocontos, actividades de museos,.... para desfrutar estes dias de #quedarnacasa mais amenos.

BiblioAnxo está pechada no cole, pero non na rede.
Se queredes compartir con nos un conto en video, en audio, unha historia, recursos,....grabadevos e  enviadeo por correo electronico a biblioanxo@gmail.com. Estaremos encantados de publicalos!!

CURTAS PARA #QUEDARNACASA

Mentres o cole e  BiblioAnxo permanezan pechadas podedes seguir disfrutando das historias aqui. Hoxe comezamos deixandovos unha curta:




ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

jueves, 12 de marzo de 2020

8M: Día Internacional da Muller

1959 foi o ano no que inaugurou o edificio do noso cole, e nese ano tamén foron noticia unha serie de mulleres importantes. Para conmemorar esta data quixemos facerlles unha pequena homenaxe, investigando sobre as suas vidas .
 Cada aula escolleu unha delas, investigou e elaborou un cartaz, exposto na “Galeria das mulleres de 1959” 













  

No vestibulo do centro, temos unha "instalación " na que podemos observar o  Strong Women Font, un alfabeto que rinde homenaxe ás mulleres fortes de la historia, un traballo de  Manu Arranz (7 Codos) e o movemento  36 Days Of Type.
O alumnado de 5º e 6ºde primaria traduciu a galego estos cartaces, e decorounos para que lucisen asi: 




miércoles, 4 de marzo de 2020

Visitanos Ledicia Costas

Hoxe disfrutamos da presencia de Ledicia Costas na nosa biblio. Falamos da Señorita Bubble, de Escarlatina,....de moitas historias .....





E asinounos os libros


GRAZAS LEDICIA!!! 


lunes, 10 de febrero de 2020

MALETA BIBLIOTECA CREATIVA

Durante este mes, estivemos disfrutando da maleta "Biblioteca Creativa" da Asesoria de Bibliotecas Escolares. Unha experiencia xenial e con moi
boa acollida entre alumnado e profesorado. Repetiremos sin duda!!