martes, 23 de abril de 2019

Os voluntarios de BiblioAnxo

Non queremos pechar o Día do Libro sen agradecer a labor importantisima do alumnado voluntario, que semana a semana comparte o seu tempo de lecer para que a biblioteca funcione, e todos poidamos disfrutar dos seus fondos. Aquí unha pequena mostra do seu traballo: 

  


                     

Día do libro: Apadriñamento lector

Hoxe o tempo non nos permitiu compartir lecturas na Praza da Concordia como tiñamos previsto, pero non impediu que "padriños" e "afillados" disfrutasemos destes momentos de "lecer lector" en diferentes espazos do noso centro.


domingo, 14 de abril de 2019

Mes das Artes Galegas: Luis Seoane

Este é un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo para conmemorar o Día das Artes Galegas, 1 de Abril, adicado a Luís Seoane




E como non, seguimos a traballar co Almanaque do 2019, adicado a Antonio Fraguas e Luis Seoane, que podedes ver pinchando AQUI.

jueves, 21 de marzo de 2019

Día da Poesía no Centro de Día de Eiris

Hoxe, Día da Poesía, o alumnado voluntario da biblioteca visitou o Centro de Día de Eirís onde compartiron lecturas de poemas escritos por alumnado do colexio coas persoas alí presentes. O recital foi todo un éxito!!





Día da poesia no centro de dia de Eiris from BiblioAnxo on Vimeo.

ALEGRA O TEU DÍA.....LENDO POESÍA

Hoxe celebramos o Día da Poesía, no que podemos disfrutar desta selección de libros que viaxan na maleta da Asesoría de Bibliotecas

 E Olliños deixounos un agasallo moi especial:


unha caixiña chea de poemas, escritos polos nosos compañeiros voluntarios da biblioteca e alumnado de 4º curso, que tamén deixamos aqui para que os disfrutedes:

miércoles, 20 de marzo de 2019

Anxela Loureiro visita BiblioAnxo

Anxela Loureiro, a autora de "Choiva de ras" visitou a biblioteca do cole, onde a recibiu o alumnado de 3º e 4º de Primaria, con quen compartiu historias e tamén cancións.
Graciñas Ángela!



viernes, 8 de marzo de 2019

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Estes son os murais que elaboraron os nenos e nenas do Ceip Plurilingüe Anxo da Garda con gallo da celebración do Dia Internacional da Muller