martes, 5 de junio de 2018

VISITA DE PINTO & CHINTO

Hoxe viñeron a BiblioAnxo Pinto & Chinto, para falar cos nenos e nenas de 1. º e 2. º de primaria sobre un libro deles que acaban de ler: "Contos para nenos que dormen deseguida".





Viñeron acompañados por Xosé Pérez, da editorial Kalandraka.

Os tres contáronnos cal é o proceso para crear un libro, de  onde xorden as ideas, cales son os seus escritores e libros favoritos, cal é a orixe do nome Pinto & Chinto... unha chea de cousas interesantes!

Despois tivemos a sorte de que Carlos López (Chinto) nos contase un par das historias que aparecen no libro ao mesmo tempo que David Pintor (Pinto) ía debuxando as personaxes e acontecementos das historias.


Para rematar, pedímoslles que nos asinaran no Libro de Visitas de BiblioAnxo, onde deixan a súa pegada todas as persoas que deciden agasallarnos cun pouquiño do seu tempo e saber facer.


Moitas grazas pola vosa visita! 

lunes, 21 de mayo de 2018

OS LIBROS FAVORITOS DA AULA DE 3 ANOS

Os nenos e nenas da aula de 3 anos cóntannos cales son os seus libros favoritos.



O mellor de todo, é que os tedes todos en BiblioAnxo. A que esperades para vir a collelos?

jueves, 17 de mayo de 2018

MARCA PÁXINAS MARÍA VICTORIA MORENO

Aquí vos deixamos un marca páxinas de María Victoria Moreno, elaborado polo equipo do Plan Proxecta, para que  neste día tan sinalado poidades compartir as vosas lecturas con ela.


Feliz día das Letras Galegas 2018!

miércoles, 16 de mayo de 2018

LECTURAS COMPARTIDAS NO CENTRO DE DÍA DE EIRÍS



Esta semana varios voluntarios/as de BiblioAnxo acudiron a ler ao centro de Día de Eirís, pertencente á rede de Centros públicos da Xunta de Galicia.

O luns acudiron Julieta, Álex, Manuel, Agustina, Sandra, Martín, Emma, Xiana, María e Gabriela, voluntarios/as de sexto de primaria, para facer una breve exposición sobre a vida de María Victoria Moreno e recitar algún dos seus poemas.  
Despois foron os usuarios/as do centro os que nos sorprenderon lendo varios poemas e cantándonos.





O martes foron Ian, Sabela T., Sabela M., Sabela P., Carla, Noa, Verónica, Sofía, Valentina, Alma, Elisa, Alejandra, Daniela e Helena, voluntarios/as de quinto de primaria, que lles recitaron varios poemas, contos e un par de obras de teatro. 
Despois compartiron todos xuntos un tempo de conversa, no que os máis maiores compartiron as súas lembranzas e sabiduría cos máis novos.







Dende aquí queremos agradecer encarecidamente ao centro de día de Eirís por permitirnos poder levar a cabo esta iniciativa. Foi unha experiencia moi bonita e, sobre todo, moi enriquecedora. Seguro que os nosos voluntarios/as non a esqueceran nunca.
Grazas polo voso cariño e facernos sentir tan a gusto.


Aquí vos deixamos un vídeo resumo do que fixemos estes dous días.









viernes, 11 de mayo de 2018

VÍDEO MAKING-OF E TOMAS FALSAS

Aquí vos deixamos o vídeo "Así o fixemos", onde se pode ver o making-of e as tomas falsas dos programas dedicados a María Victoria Moreno que fixemos.
Son escenas inéditas e moi divertidas. Nel se reflicte claramente o ben que o pasamos facendo os vídeos. 
Non volo perdades!





viernes, 4 de mayo de 2018

CANCIÓN DUN POEMA DE MARÍA VICTORIA MORENO

Aquí vos deixamos o videoclip do poema musicado polo alumnado de sexto de primaria. Tamén colaborou unha alumna de cuarto, interpretándoo á lingua de signos.



Agardamos que vos guste!

jueves, 3 de mayo de 2018

MATERIAL AUDIOVISUAL SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO

Aquí vos deixamos o resultado final do "Especial María Victoria Moreno", un material audiovisual feito por e para nenos/as; co obxectivo de achegarlles a figura da homenaxeada das Letras Galegas 2018.

Entrevista a María Victoria Moreno (con conexións en directo e algunha sorpresa).





Concurso de preguntas




Esperamos que vos guste!