Aquí vos deixamos un marca páxinas de María Victoria Moreno, elaborado polo equipo do Plan Proxecta, para que neste día tan sinalado poidades compartir as vosas lecturas con ela.
Esta semana varios voluntarios/as de BiblioAnxo acudiron a ler ao centro de Día de Eirís, pertencente á rede de Centros públicos da Xunta de Galicia.
O luns acudiron Julieta, Álex, Manuel, Agustina, Sandra, Martín, Emma, Xiana, María e Gabriela, voluntarios/as de sexto de primaria, para facer una breve exposición sobre a vida de María Victoria Moreno e recitar algún dos seus poemas.
Despois foron os usuarios/as do centro os que nos sorprenderon lendo varios poemas e cantándonos.
O martes foron Ian, Sabela T., Sabela M., Sabela P., Carla, Noa, Verónica, Sofía, Valentina, Alma, Elisa, Alejandra, Daniela e Helena, voluntarios/as de quinto de primaria, que lles recitaron varios poemas, contos e un par de obras de teatro.
Despois compartiron todos xuntos un tempo de conversa, no que os máis maiores compartiron as súas lembranzas e sabiduría cos máis novos.
Dende aquí queremos agradecer encarecidamente ao centro de día de Eirís por permitirnos poder levar a cabo esta iniciativa. Foi unha experiencia moi bonita e, sobre todo, moi enriquecedora. Seguro que os nosos voluntarios/as non a esqueceran nunca.
Grazas polo voso cariño e facernos sentir tan a gusto.
Aquí vos deixamos un vídeo resumo do que fixemos estes dous días.
Aquí vos deixamos o videoclip do poema musicado polo alumnado de sexto de primaria. Tamén colaborou unha alumna de cuarto, interpretándoo á lingua de signos.
Aquí vos deixamos o resultado final do "Especial María Victoria Moreno", un material audiovisual feito por e para nenos/as; co obxectivo de achegarlles a figura da homenaxeada das Letras Galegas 2018.
Entrevista a María Victoria Moreno (con conexións en directo e algunha sorpresa).
Dende o equipo do Plan Proxecta de Innovación en dinamización lingüística que se está a desenvolver este ano no centro, propóñennos un xogo moi divertido para pescudar canto sabemos de María Victoria Moreno.