sábado, 13 de diciembre de 2014

Swinging Christmas

Ola amigos e amigas: Unha das novidades que mercamos este ano para a nosa Biblioteca, relacionada con estas datas de Nadal, é "Swinging Christmas",ilustrada polo famosísimo Benjamin Lacombe. Cóntanos unha historia preciosa basada nun relato de Olivia Ruiz e ademais dos debuxos de Lacombe,tamén podedes disfrutar destas cancións. Botádelle unha ollada e o luns, pasádevos pola biblio !!

jueves, 30 de octubre de 2014

Traxe Galego

Ola a todos: Como xa sabedes o Equipo de Dinamización Lingüística organizou unha exposición sobre o Traxe Rexional Galego na Aula de Audiovisuais do cole.Tamén realizou esta montaxe informativa que vos amosamos aquí.Esperamos que vos guste.

lunes, 27 de octubre de 2014

Día da Biblioteca

Hola de novo: Xa levamos tempo desconectados do noso blogue,pero non do noso gusto pola lectura e das visitas á biblioteca, especialmente nos recreos. Aquí vos amosamos os marcapáxinas que fixestes có gallo do Día da Biblioteca,o pasado venres día 24.

lunes, 18 de febrero de 2013

O día de Rosalía

Ola lectores e lectoras:
O vindeiro venres 22 todas as escolas galegas celebrarán o día de Rosalía.
  • Aquí tedes un video conmmemorativo e tamén unha páxina con moita información sobre esta autora,clave da Literatura Galega. Pincha aquí para ver o video. Rosalía sempre viva.Viva Rosalía.
  • A Biblioteca virtual Miguel de Cervantes, ofrécenos información sobre Rosalía.Pincha na imaxe para  acceder a ela.

sábado, 10 de noviembre de 2012

Mejor Manolo

Estes días ven de publicarse unha nova entrega do simpático Manolito Gafotas, que xa é un adolescente e que prefire que o chamen Manolo. Fai once anos da última publicación sobre este personaxe, creado por Elvira Lindo, e que con moito humor tan ben reflexa a sociedade destes tempos. Se clicades na súa imaxe, poderedes ler o primeiro capítulo.
E, xa sabedes, se vos interesa pedideo para a biblioteca do cole.

martes, 23 de octubre de 2012

24 de outubro.Día da Biblioteca Escolar

A IASL, International Association of School Libraries, convoca anualmente no mes de outubro a conmemoración do Día Internacional da Biblioteca Escolar, como un xeito de facer visibles as bibliotecas nas súas comunidades educativas.O lema elexido para este ano é: "Biblioteca Escolar - acelerador de innovación".
Con motivo desta celebración a Consellería de Educación editou este cartaz tan orixinal,gústavos?

miércoles, 10 de octubre de 2012

Códice Calixtino

O Códice Calixtino é un conxunto de textos reunidos en Santiago de Compostela nos anos finais do arcebispado de Diego Xelmírez e que se presentaba como da autoría do Papa Calisto II. O exemplar máis antigo, datado entre 1150 e 1160, consérvase na Catedral de Santiago de Compostela e é copia dun exemplar modelo. Parte do manuscrito traduciuse ao galego no primeiro terzo do século XV, coñecido como Miragres de Santiago, recolle partes da Guía do Peregrino. O exemplar máis vello foi roubado da catedral de Santiago de Compostela en xullo de 2011. O martes, día 5 de xullo foi cando os responsables do libro se decataron da súa falta. Foi recuperado un ano despois en bo estado de conservación.