sábado, 23 de noviembre de 2024

ENSINÁMOSVOS COMO VAI A NOSA REFORMA

 


Ola a todas e todos!

Imos ensinarvos un adianto de como vai a reforma da biblio. Estamos emocionadas/os con como está a quedar este novo espazo do cole, onde de seguro levaremos a cabo moitas experiencias enriquecedoras, e descubriremos moitas historias e contos, así como xogaremos e gozaremos en compañía.

Queremos agradecer á Asociación de Nais e Pais Castelao a súa aportación económica para que esta reforma poida ser posible. Entre todas e todos, facemos do Anxo un lugar no que sentir, vivir e compartir a gusto :)

Sabemos que quedades con ganas de máis, pero hai que ter paciencia... o bo faise esperar :)

martes, 12 de noviembre de 2024

PROCESO DE CATALOGACIÓN EN KOHA DOS FONDOS DA BIBLIO



Os mestres e mestras do equipo de biblioteca están a realizar un traballo increíble ao trasladar a base de datos dos fondos da biblioteca Meiga á plataforma Koha. Este proceso require un gran esforzo e dedicación, xa que se fai libro a libro, garantindo que cada exemplar quede correctamente catalogado e dispoñible para o uso futuro. 

A súa implicación e minuciosidade son fundamentais para mellorar a xestión dos recursos bibliográficos e facilitar o acceso á información aos nosos usuarios (mestras/es, nenas/os e familias). Este traballo, que pode pasar desapercibido, será unha gran mellora para a biblioteca no futuro, permitindo unha xestión máis eficiente e moderna dos fondos.

Agradecemos profundamente o seu esforzo e dedicación.