miércoles, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

 


 Hoxe celebramos o día do libro cun sorriso enorme e o corazón cheo de historias!

Grazas ás familias que colaborastes enviando esas marabillosas fotos dos nenos e nenas co seu conto favorito. Grazas tamén ao profesorado e coidadoras, que compartiron un anaquiño da súa infantia con nós a través das súas foos antigas e cheas de lembranzas.

Como sabedes, estamos construíndo unha nova biblioteca, un espazo cheo de maxia, aventuras e aprendizaxe, onde os contos cobrarán vida e medra´ran con nós.

Porque a literatura infantil é semente, é imaxinación, é emoción e é tamén unha ferramenta poderosa para medrar libres, creativos e felices.

Feliz día do libro a toda a nosa comunidade educativa!

Seguimos escribindo esta fermosa historia xuntas e xuntos.

miércoles, 9 de abril de 2025

FORMÁMONOS EN RADIO DA MAN DE REDE ESPORA



O noso cole forma parte da Rede Espora, unha iniciativa que promove a comunicación comunitaria a través da radio como ferramenta educativa e social. Grazas a esta colaboración, temos a oportunidade de participar en actividades que fomentan a creatividade, a expresión oral e o traballo en equipo.

A Rede Espora é unha asociación que impulsa a comunicación participativa mediante a radio, ofrecendo espazos de expresión libre e fomentando o pensamento crítico. O seu obxectivo principal é dar voz ás persoas e colectivos, especialmente no ámbito educativo e social.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha formación impartida pola Rede Espora, na que se achegaron ao mundo da radio. A actividade comezou cunha charla xeral introdutoria para todo o grupo, na que descubriron como funciona unha emisora e os pasos para crear un programa. A continuación, traballaron en pequenos grupos ao longo de dous días, elaborando contidos, manexando os equipos e desenvolvendo as súas habilidades comunicativas. Foi unha experiencia enriquecedora que lles permitiu experimentar de primeira man o poder da palabra e da colaboración.

Agora só queda comezar a fedellar na radio e crear os nosos Podcast!

Seguimos :)

UN NOVO RECUNCHO PARA SOÑAR ENTRE LIBROS

 


Estamos xa na recta final de renovación da nosa biblioteca escolar e non podemos estar máis ilusionados e ilusionadas! Esta é só unha pequena mostra do novo ambiente lector que estamos a crear na nosa biblio.

Queremos que cada peque atope aquí un espazo acolledor, creativo e cheo de historias por descubrir.

Moi pronto amosarémosvos máis... isto só acaba de comezar!

viernes, 4 de abril de 2025

VISÍTANOS MARÍA CANOSA



Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso cole a visita da escritora María Canosa, quen veu presentar ao alumnado de 4º de primaria a súa obra "Escola de Bruxas". Foi unha ocasión moi especial para achegarnos un pouco máis ao seu libro e coñecer de primeira man os segredos que agocha esta divertida historia.

Durante o encontro, María Canosa respondeu con moita cercanía ás preguntas e curiosidades do alumnado, quen puido compartir as súas impresións e resolver dúbidas sobre a lectura. 

Sen dúbida, foi unha experiencia enriquecedora que espertou aínda máis o interese pola lectura e pola maxia que esconden os libros.

miércoles, 2 de abril de 2025

RECTA FINAL NA NOSA BIBLIO, TOCA MONTAR MOBLES!

 


Xa estamos na recta final da remodelación da nosa tan esperada biblioteca no CEIP Anxo da Garda, e queremos compartir con todos vós os avances que estamos facendo. Un dos momentos máis especiais deste proceso está a ser a implicación do alumnado de 6º de primaria, que se está convertendo en verdadeiros colaboradores e axudantes nas tarefas de montaxe de mobles e acondicionamento do espazo.

Desde que comezaron as obras, o noso equipo de 6º está a traballar de xeito entusiasta para que a biblioteca non só sexa un lugar onde ler e estudar, senón tamén un espazo para compartir, xogar e aprender. Grazas ao seu esforzo, os novos mobles están tomando forma e, pouco a pouco, a biblioteca vai gañando en beleza e funcionalidade. Desde o montaxe das estanterías ata a organización dos novos espazos de lectura, os voluntarios deste curso están a ser fundamentais para que o proxecto se vaia facendo realidade.

A verdade é que a nosa biblioteca vai ser moito máis que un lugar de lectura; será un espazo vivo, no que non só aprenderemos sobre libros, senón tamén sobre traballo en equipo, organización e responsabilidade. O alumnado está a aprender valiosas leccións de vida que van máis alá dos libros e dos exames: están a ver de primeira man como se leva a cabo un proxecto grande, como se colaboran entre todos para lograr un obxectivo común e, sobre todo, como a implicación persoal e colectiva pode transformar un espazo.

Estamos emocionados de poder compartir con todos vós o progreso e de que, dentro de nada, a nosa nova biblioteca esté lista para recibir ao alumnado, ás familias e a toda a comunidade educativa. Grazas ao traballo e á colaboración de todos, este espazo será máis que unha simple sala: será un lugar no que aprenderemos, imaxinaremos e creceremos todos xuntos.

Moitas grazas á rapazada por todo o seu esforzo e compromiso. E tamén, como non, grazas a todos os que fan posible que o noso cole, o noso Anxo, sexa un lugar onde aprender tamén é vivir. 

Non podemos agardar a que vexades o resultado final!