Páginas

lunes, 11 de enero de 2021

CAMIÑANXO: O CAMIÑO EN FAMILIA

 Comeza o segundo trimestre dende a área de Educación Física  imos realizar distintas actividades relacionadas co Camiño de Santiago para así dar visibilidade ao ano Xacobeo no que entramos. 

Iniciamos unha nova actividade en familia que chamaremos “CamiñAnxo”  na que  todas as familias do cole sumemos quilómetros activos (camiñando, correndo, en bici, patinete, patíns…) para completar algúns dos distintos Camiños que existen e descubrir así os seus segredos, ao tempo que promovemos habitos de vida sana e benestar fisico e emocional.



 Para poder contabilizar estes quilómetros haberá que utilizar a APP Strava formando parte dun club privado para garantir que só as familias do Anxo podemos participar na actividade.

No blog EFANXO tedes mais información

Cantas máis familias nos unamos, máis quilómetros poderemos sumar así que animádevos, participade e…

 Bo Camiño!

No hay comentarios:

Publicar un comentario