Páginas

lunes, 31 de diciembre de 2018

Almanaque 2019: Antón Fraguas & Luis Seoane

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e BiblioAnxo, coa colaboración de todo o centro elaborou un almanaque para 2019, ano no que se adican as Letras Galegas a Antón Fraguas, e o Día das Artes Galegas ao pintor Luis Seoane.
En cada mes aparece a reprodución dun cadro de Seoane, feita polo alumnado de cada un dos grupos, no que se fai referencia a aspectos da cultura e tradición galegas, que foron a base do traballo de Antón Fraguas. Está acompañado dun código QR, no que os alumnos narran estes aspectos.
Agardamos que vos guste e o aproveitedes neste 2019!!

miércoles, 19 de diciembre de 2018

Preparando a carta...

Para os que todavia estades pensando en que agasallos pedir nas cartas, aqui vos deixamos unhas reseñas de libros maravillosos, para mercar, ou para buscar nalgunha biblioteca,....





BO NADAL E FELICES LECTURAS!!


martes, 18 de diciembre de 2018

Conta atrás.....

 Dende o comezo de decembro, os voluntarios colaboradores de Olliños, están a facer unha árbore de Nadal empregando uns cartaces con portadas de libros que eles mesmos recomendan.


Achegando o Nadal

As voluntarias de BiblioAnxo visitaron as aulas de Infantil para achegar uns contos de Nadal aos máis pequenos

miércoles, 28 de noviembre de 2018

CIENCIA.....EN GALEGO

Esta semana inaguramos a exposición de Ciencias que viaxa na Maleta Viaxeira da Asesoría de Bibliotecas


 coincidindo coa celebración do Día da Ciencia en Galego, organizado polo EDLG, unha xornada de experimentos e aprendizaxe, empregando o galego como lingua de transmisión de coñecementos.



lunes, 26 de noviembre de 2018

#EQUALITER

Para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, sumámonos á iniciativa #equaliter do Ceip Aquilino Iglesias Alvariño de Abadin, participando co noso mural grabado. Este é o video resultante:


Así fixemos o noso mural:


miércoles, 31 de octubre de 2018

CONTACONTOS DE MEDO.....

O alumnado de E.Infantil compartiu con compañeiros do ciclo, contos, poemas e cancións do Samain.
A aula de 3 anos contou o conto "Corre corre cabaciña".


Os de 4 anos, cantaron a cancion dos esqueletos, e axudaron á profe Carme a contar "Os esqueletos divertidos".


Aaula de 5 anos, escenificou, "Un, dous, tres, vampiro ti es".

QUE MEDO DE CONTOS!!

lunes, 29 de octubre de 2018

HISTORIAS DE MEDO....

Coa chegada do Samaín, inauguramos as exposicións de lecturas

QUE NON VOS ASUSTEN!!

MARCALIBROS CON MENSAXE

O alumnado de 4º de Primaria aproveitou a parte traseira do marcalibros agasallo polo Día das Bibliotecas, para escribir palabras relacionadas coa lectura. 



miércoles, 24 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Celebramos o Dia grande das Bibliotecas Escolares dando a coñecer a nosa mascota, OLLIÑOS



creada pola alumna Icia Miguéns de 6º de Primaria, que recibiu un diploma.



OLLIÑOS deixounos un agasallo na biblioteca

As mochilas viaxeiras que recorrerán as casas do alumnado de Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria



e uns marcalibros para personalizar e empregar cada vez que imos a BiblioAnxo.

domingo, 21 de octubre de 2018

FINALISTAS

XA TEMOS FINALISTAS PARA O CONCURSO DE MASCOTAS!





VOTADE A VOSA FAVORITA!

martes, 16 de octubre de 2018

ENTREGA DE PREMIOS DA PRIMAVERA DA LETRAS

Hoxe acudimos á sede da Real Academia Galega para recibir o premio do Certame Contádenos o voso Dia das Letras Galegas, da man do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a académica Fina Casalderrey, quen conduciu oacto no que tamén estivero representantes de Galaxia, Urco Editora e Bolanda Edicións, doadores, xunto con Xerais, dos lotes de libros que compoñen os premios. Tamén asistiu o viuvo de Mª Victoria Moreno, Pedro Ferriol.
Neste acto estivemos acompañados dos compañeiros do CPI Virxe da Cela de Monfero, e os nenos e nenas da EEI Milladoiro de Ames. NORABOA A TODOS!!

 Aqui podedes ver un resumo:


lunes, 1 de octubre de 2018

NA PROCURA DE...

Comezamos o mes con un concurso....BiblioAnxo busca a sua mascota

Animadevos a participar!!

sábado, 8 de septiembre de 2018

ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!!!


A piques de comezar un novo curso recibimos un peche de ouro ao curso pasado. 

A RAG ven de concedernos un dos seus premios da segunda edición do certame "Contádenos o voso Día das Letras" Galegas  no marco da Primavera das Letras,  polo noso traballo sobre Maria Victoria Moreno.    


NORABOA A TOD@S OS QUE FORMASTES PARTE DESTE PEQUENO GRAN PROXECTO!!

martes, 5 de junio de 2018

AGASALLO PARA OS VOLUNTARIOS


Hoxe chegou un agasallo para os nosos voluntarios e voluntarias! Dende Bibliotecas Escolares de Galicia enviáronnos unha camiseta para cada un deles/as.




Aquí podedes ver o ben que lle queda a Ian. 


Así que xa sabedes, a presumir no verán de camiseta!

VISITA DE PINTO & CHINTO

Hoxe viñeron a BiblioAnxo Pinto & Chinto, para falar cos nenos e nenas de 1. º e 2. º de primaria sobre un libro deles que acaban de ler: "Contos para nenos que dormen deseguida".





Viñeron acompañados por Xosé Pérez, da editorial Kalandraka.

Os tres contáronnos cal é o proceso para crear un libro, de  onde xorden as ideas, cales son os seus escritores e libros favoritos, cal é a orixe do nome Pinto & Chinto... unha chea de cousas interesantes!

Despois tivemos a sorte de que Carlos López (Chinto) nos contase un par das historias que aparecen no libro ao mesmo tempo que David Pintor (Pinto) ía debuxando as personaxes e acontecementos das historias.


Para rematar, pedímoslles que nos asinaran no Libro de Visitas de BiblioAnxo, onde deixan a súa pegada todas as persoas que deciden agasallarnos cun pouquiño do seu tempo e saber facer.


Moitas grazas pola vosa visita! 

lunes, 21 de mayo de 2018

OS LIBROS FAVORITOS DA AULA DE 3 ANOS

Os nenos e nenas da aula de 3 anos cóntannos cales son os seus libros favoritos.



O mellor de todo, é que os tedes todos en BiblioAnxo. A que esperades para vir a collelos?

jueves, 17 de mayo de 2018

MARCA PÁXINAS MARÍA VICTORIA MORENO

Aquí vos deixamos un marca páxinas de María Victoria Moreno, elaborado polo equipo do Plan Proxecta, para que  neste día tan sinalado poidades compartir as vosas lecturas con ela.


Feliz día das Letras Galegas 2018!

miércoles, 16 de mayo de 2018

LECTURAS COMPARTIDAS NO CENTRO DE DÍA DE EIRÍS



Esta semana varios voluntarios/as de BiblioAnxo acudiron a ler ao centro de Día de Eirís, pertencente á rede de Centros públicos da Xunta de Galicia.

O luns acudiron Julieta, Álex, Manuel, Agustina, Sandra, Martín, Emma, Xiana, María e Gabriela, voluntarios/as de sexto de primaria, para facer una breve exposición sobre a vida de María Victoria Moreno e recitar algún dos seus poemas.  
Despois foron os usuarios/as do centro os que nos sorprenderon lendo varios poemas e cantándonos.





O martes foron Ian, Sabela T., Sabela M., Sabela P., Carla, Noa, Verónica, Sofía, Valentina, Alma, Elisa, Alejandra, Daniela e Helena, voluntarios/as de quinto de primaria, que lles recitaron varios poemas, contos e un par de obras de teatro. 
Despois compartiron todos xuntos un tempo de conversa, no que os máis maiores compartiron as súas lembranzas e sabiduría cos máis novos.







Dende aquí queremos agradecer encarecidamente ao centro de día de Eirís por permitirnos poder levar a cabo esta iniciativa. Foi unha experiencia moi bonita e, sobre todo, moi enriquecedora. Seguro que os nosos voluntarios/as non a esqueceran nunca.
Grazas polo voso cariño e facernos sentir tan a gusto.


Aquí vos deixamos un vídeo resumo do que fixemos estes dous días.









viernes, 11 de mayo de 2018

VÍDEO MAKING-OF E TOMAS FALSAS

Aquí vos deixamos o vídeo "Así o fixemos", onde se pode ver o making-of e as tomas falsas dos programas dedicados a María Victoria Moreno que fixemos.
Son escenas inéditas e moi divertidas. Nel se reflicte claramente o ben que o pasamos facendo os vídeos. 
Non volo perdades!





viernes, 4 de mayo de 2018

CANCIÓN DUN POEMA DE MARÍA VICTORIA MORENO

Aquí vos deixamos o videoclip do poema musicado polo alumnado de sexto de primaria. Tamén colaborou unha alumna de cuarto, interpretándoo á lingua de signos.



Agardamos que vos guste!

jueves, 3 de mayo de 2018

MATERIAL AUDIOVISUAL SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO

Aquí vos deixamos o resultado final do "Especial María Victoria Moreno", un material audiovisual feito por e para nenos/as; co obxectivo de achegarlles a figura da homenaxeada das Letras Galegas 2018.

Entrevista a María Victoria Moreno (con conexións en directo e algunha sorpresa).





Concurso de preguntas




Esperamos que vos guste!

lunes, 30 de abril de 2018

CONCERTO PACO NOGUEIRAS

O venres 20 de abril tivemos a sorte de ter no colexio a Paco Nogueiras, que nos deleitou cun concerto marabilloso. 


Bailamos e cantamos cada canción, animados pola súa enerxía e entusiasmo. Pasámolo en grande!


Por suposto, antes de que se marchara, pedímoslle que nos dedicase o CD de "Radio Bulebule" que temos en BiblioAnxo.


Aquí vos deixamos un vídeo resumo de esta xornada:




Moitas grazas Paco. Esperamos verte novamente polo noso colexio!








viernes, 27 de abril de 2018

QUE SABES DE MARÍA VICTORIA MORENO?

Dende o equipo do Plan Proxecta de Innovación en dinamización lingüística que se está a desenvolver este ano no centro, propóñennos un xogo moi divertido para pescudar canto sabemos de María Victoria Moreno.




Animádesvos a xogar?

martes, 24 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO 2018

O luns 23 de abril, para conmemorar o Día Internacional do Libro, saímos todos xuntos a ler na Praza da Concordia.
Baixo o lema "Sacamos os libros á rúa" intentamos dar visibilidade a esta data tan sinalada.


Seguindo a tradición do centro, realizamos esta lectura seguindo a técnica do apadriñamento lector, é dicir, un neno/a de cursos superiores léelle a un neno/a máis pequeno.
Deixámosvos un vídeo onde se reflicte o ben que saíu todo e sobre todo, o moito que gozamos con estas lecturas compartidas ao aire libre.



Boas lecturas!

jueves, 12 de abril de 2018

COMEZANDO NOVOS PROXECTOS


Algúns voluntarios de BiblioAnxo están preparando xa os próximos contos que contaremos na Escola Infantil Carricanta.  Que contos serán??






miércoles, 11 de abril de 2018

CONTACONTOS EN ASPANAES

Hoxe, 10 de abril, varias voluntarias de BiblioAnxo acudiron ao CEE ASPANAES para realizar un contacontos.




As nosas voluntarias fixérono xenial e os rapaces e rapazas de ASPANAES estiveron moi atentos aos tres contos. Aplaudíronnos moitísimo!








Neste vídeo podedes ver o ben que o pasamos:





Dende aquí queremos dar as grazas a todo o Equipo de ASPANAES por darnos a oportunidade de gozar desta experiencia tan marabillosa e facernos sentir coma na nosa casa. Foi un auténtico pracer compartir con todos eles/as este anaquiño de tempo.