O venres 2 de marzo tivemos a sorte de contar coa visita da escritora María Canosa, autora do libro "A cazadora de estrelas" que leron nesta avaliación os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria.
Nun primeiro momento os nenos e nenas fixéronlle unha chea de preguntas sobre a súa obra: de onde sacaba os nomes?, cantos anos tiña Megumi?... e unha pregunta moi importante: Como facía para escribir unha historia?
María respondeu a cada unha das preguntas recalcando toda a maxia e fantasía que envolve aos libros e aos escritores.
Despois firmou os libros de todo o alumnado, incluído o de BiblioAnxo!
Moitas grazas María!
No hay comentarios:
Publicar un comentario