Páginas

martes, 27 de marzo de 2018

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro
Os símbolos pictográficos utilizados son propiedade de CATEDU (http://catedu.es/arasaac/) baixo licenza Creative Commons 
e creados por Sergio Palao. CEIP Plurilingüe Anxo da Garda. A Coruña.

Varios eventos teatrais nacionais e internacionais son organizados para conmemorar esta ocasión. Un dos máis importantes é a circulación da mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro a través da cal, por invitación do Instituto Internacional de Teatro (ITI), unha figura de talle mundial comparte as súas reflexións.

Este ano correpóndelle a Sabina Berman, escritora e periodista mexicana. Aquí podedes ler o seu manifesto.

Aproveitade este día para "rescatar" dos vosos estantes os libros de teatro.

Boas lecturas!

miércoles, 21 de marzo de 2018

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Para conmemorar o día mundial da poesía varios voluntarios de BiblioAnxo e outros alumnos e alumnas do centro, gravaron as súas voces recitando poemas de diversos autores. 

Estas gravacións compartímolas con todo o centro e a contorna a través dunhas tarxetas cun código Qr.





Tamén podedes acceder a estes poemas a través dos seguintes enlaces:


1.- A casa é de bicos de Xosé Luna Sanmartín. (Birtukan, Marian e Martín 2. º)
2.- Adiós ríos, adiós fontes de  Rosalía de Castro. (Hugo 5. º)
3.- A lúa de Antonio García Teijeiro. (Sabela T 5. º)
4.- A túa risa noviña de Aquilino Iglesia Alvariño. (Nahiara 5. º)
5.- As estacións de Carlos Fontes. (Javier 3. º)
6.- Bicando, bicando de Xosé Luna Sanmartín. (Mateo 3. º)
7.- Cando caen as follas de Antonio García Teijeiro. (Helena 5. º)
8.- Canta o cuco de Uxío Novoneira. (Daniela 5. º)
9.- Cantarolas de Xosé Neira Vilas. (Alma 5. º)
10.- El vendedor de piñas de Juan Rejano. (Samantha 5. º)
11.- Elexías de luz (fragmento) de María Victoria Moreno. (Manuel Liñares 6. º)
12.- Elexías de luz (fragmento) de María Victoria Moreno. (Aula de 3 anos)
13.- Estaciones  de Antonio Rubio. (Verónica 5. º)
14.- La dama y su blanca flor de Antonio Machado. (Carla 5. º)
15.- Lueiro de papel  de Antonio García Teijeiro. (Valentina 5. º)
16.- Nombres vegetales de Antonio Rubio. (Sofía 5. º)
17.- O meu avó  de Xoán Neira. (Ian 5. º)
18.- O meu corazón de Aquelino Iglesias Alvariño. (Noa 5. º)
19.- Partes de una historia de Antonio Rubio. (Elisa 5. º)
20.- Por casualidad  de Tomás de Iriarte. (Xabi 5. º)
21.- Rama de olivo de Blas de Otero. (Noelia 5. º)
22.- Roseira do teu mencer de Xosé María Álvarez Blázquez. (Joan 5. º)
23.- Poema tradicional. (Sabela P. 5. º)
24.- Todo está en su lugar de Gloria Fuertes. (Fredelin 4. º)
25.- Xan Pericán (tradicional). (Rubén 5. º)
26.- En el país de Nomeacuerdo de María Elena Walsh. (Santiago 2. º)

Esperamos que vos gusten!

domingo, 18 de marzo de 2018

TODOS OS DÍAS SON 8 DE MARZO

Baixo este lema traballouse o día da muller traballadora no noso centro.
Realizouse unha exposición de libros relacionados con esta temática, onde se poden atopar biografías ou relatos de ficción inspirados en mulleres relevantes na historia.




Ademais, todo o centro participou na elaboración dunha liña de tempo composta de carteis nos que se representan mulleres que deixaron unha gran pegada na nosa historia. Aquí podedes velo:



Boas lecturas!

jueves, 15 de marzo de 2018

CONTACONTOS NA ESCOLA INFANTIL CARRICANTA


O 27 de febreiro 13 voluntarias de BiblioAnxo foron facer un contacontos na Escola Infantil Carricanta.

Sofía, Sabela, Carla, Noa e Verónica contaron Los tres cerditos a modo de representación teatral.




Sandra, Agustina, María e Gabriela contáronlles Un becho estraño, utilizando un pequeno escenario.




Julieta, Alejandra, Elisa e Daniela prepararon A cebra Camila e levaron unha cebra Camila enorme.



A experiencia foi marabillosa! As nosas voluntarias fixérono de fábula e os nenos e nenas da Escola Infantil estiveron moi atentos e portáronse xenial.
Seguro que repetiremos!

Aquí vos deixamos os vídeos das actuación para que vós tamén poidades gozalas.









domingo, 4 de marzo de 2018

VISITA DE MARÍA CANOSA

O venres 2 de marzo tivemos a sorte de contar coa visita da escritora María Canosa, autora do libro "A cazadora de estrelas" que leron nesta avaliación os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria.


Nun primeiro momento os nenos e nenas fixéronlle unha chea de preguntas sobre a súa obra: de onde sacaba os nomes?, cantos anos tiña Megumi?... e unha pregunta moi importante: Como facía para escribir unha historia?
María respondeu a cada unha das preguntas recalcando toda a maxia e fantasía que envolve aos libros e aos escritores.



Despois firmou os libros de todo o alumnado, incluído o de BiblioAnxo!






Moitas grazas María!


DÍA DE ROSALÍA 2018 #AbrideAfiestra



Durante a semana do 19 ao 24 de febreiro conmemoramos, un ano máis, o Día de Rosalía de Castro.

Nas aulas, traballouse a faceta literaria desta gran autora.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, baixo o lema #AbrideAfiestra, propoñía que cada aula elaborase, nun soporte que permitise penduralo na fiestra, algún elemento iconográfico de Rosalía ou transcribir algún dos seus versos para lles dar luz dende as fiestras. E así o fixemos!
      
 

Na materia de Arts&Crafts o alumnado elaborou unha fiestra cuns versos de Rosalía pola que pasaron todos os alumnos e alumnas para colaborar coa difusión deste día.







Aquí vos deixamos un vídeo no que se recolle todo o traballo feito.



 Non o esquezades: Abride a fiestra!


O Equipo de DLG e Biblioteca

EXPOSICIÓN BANDA DESEÑADA

Durante todo o mes de febreiro tivemos no corredor do primeiro andar unha exposición dedicada á banda deseñada.
Esta exposición estaba formada polos libros incluídos dentro da maleta viaxeira de Bibliotecas escolares, libros da biblioteca municipal e de BiblioAnxo.


Esperamos que vos gustase moito e gozarades destas lecturas!

O equipo de DLG e Biblioteca